Francisco Ant. Vidal Blanco. Vaise don Carnal e quedamos con dona Coresma. Vaise a festa e veñen as privacións. Adeus cocho, adeus vitela lamentaban noutro tempo, pero agora, ata os máis intransixentes seguidores da norma prohibitiva o toman con benevolencia. Seguir lendo A comida non se tira
O Entroido é dos disfraces
X. Ricardo Losada. Disfraceime este Antroido de muller e estrañeime de que as mulleres non se rebelen contra a maquillaxe, os tacóns, o pintado de unllas, o sostén, os pendentes, os colares, os aneis, e demais deberes estéticos. Sei que hai antropólogos que din que o adorno corporal é un universal cultural, é dicir, un costume en todas as culturas e en todas as épocas e, xa que logo, algo que define a natureza humana. Pero, aínda así, teño claro que se podería evitar. Antes levábase a palidez, agora o moreno; antes, a robustez, agora a delgadeza; antes, a maquillaxe, agora podería levarse, por que non?, a cara lavada. Tamén é un universal cultural ser quen de superar a natureza. Se podemos facer folga de fame, con máis razón, folga de maquillaxe. Seguir lendo O Entroido é dos disfraces
Logofaxia
Fidel Vidal. Cando a ciencia contemporánea despoxa o ser humano da súa condición metafísica, o fulgor da palabra rescata o home do seu empobrecemento e desdicha, afirma Juan Goytisolo. Freud en O porvir dunha ilusión atribúe a orixe do sentimento relixioso ao feito simple e directo da sensación de estarmos ante “o eterno” Seguir lendo Logofaxia
Galicia e os galegos na poesía Castelá. LIV. León Felipe
Román Arén. Por nacemento, 1884, León Felipe é un home da xeración novecentista, a de Ortega y Gasset, que comezou no postmodernismo, con contaminacións ultraístas, co seu primeiro libro, Versos y oraciones del caminante (1920), pero é un poeta que non se pode adscribir claramente a ningunha corrente e unha das grandes voces cívicas da postguerra. Farmacéutico, traduciu a Eliot, foi amigo de Lorca, profesor nos EEUU nos anos trinta e leal á República. Exiliouse en México, foi amigo de galegos exiliados e o seu legatario foi o poeta galego Alejandro Finisterre. Entre as súas obras importantes están Drop a Star (1937). Dedicou un poema a Madariaga, pero tráioo aquí polo seu poema a Franco, moi coñecido, incluído en Nueva antología rota (1974). Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía Castelá. LIV. León Felipe