O ictus do porquiño

porcoFrancisco Ant. Vidal Blanco. A primeira sorpresa que levou Elvira cando lle foi botar a galdrumada á manxadoira foi que o cocho non veu correndo a devorar o almorzo como era costume todas as mañás. Daquela entrou no cortello a puxar nel por ver que lle pasaba e acabou conseguindo que o animal se erguese, pero non andaba ben, andaba de lado, como se as patas dereitas non lle respondesen, e daquela chamou ó veterinario. Seguir lendo O ictus do porquiño →

Represión sexual e literatura

represion1Fidel Vidal. En conversas con Freud, e fascinado pola historia das relixións, Jung dicíalle que algo atrancaba as súas teorías da libido: o feito da existencia de eremitas onde no seu retiro, por mor do illamento, o monxe é liberado do mundo e dos desexos, e de calquera outra pantasma. Freud non dubida en responder que afastarse do mundo non implica necesariamente ningún retiro da libido, senón ao revés. O monxe non retira as súas investiduras do mundo, distánciase del mais para se interesar no mundo. Aí está a literatura monástica que o confirma. Seguir lendo Represión sexual e literatura →

Galicia e os galegos na poesía castelá LII. Iglesias de la Casa

iglesiasRomán Arén. Na poesía española do século XVIII é costume falar de Escola Poética Salmantina para referirse a un grupo de poetas que coincidiron nesa cidade, que xirou arredor de Meléndez Valdés e, en parte, de Cadalso, que anovaron a poética castelá no último tercio do século e entre os que destacaron Frei Diego Tadeo González, Forner, Fernández de Rojas e Iglesias de la Casa. Todos estiveron tamén relacionados con Jovellanos. Todos estes vates irían da poesía amorosa e pastoril cara a unha poesía máis didáctica, moral e épica, é dicir, unha poesía “ilustrada”. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá LII. Iglesias de la Casa →

Tic tac en urxencias

urxencias1X. Ricardo Losada. Paso un domingo, como familiar dun paciente, en Urxencias do Hospital Clínico de Santiago. Hai moito tempo que non estaba e sorpréndeme a liberdade coa que podo moverme. Por unha porta de apertura automática que pon Paso restrinxido, e que só abre desde dentro, entro e saio en moitas ocasións, durante máis de dez horas, sen ningún problema. Seguir lendo Tic tac en urxencias →