Francisco Ant. Vidal Blanco. A primeira sorpresa que levou Elvira cando lle foi botar a galdrumada á manxadoira foi que o cocho non veu correndo a devorar o almorzo como era costume todas as mañás. Daquela entrou no cortello a puxar nel por ver que lle pasaba e acabou conseguindo que o animal se erguese, pero non andaba ben, andaba de lado, como se as patas dereitas non lle respondesen, e daquela chamou ó veterinario. Seguir lendo O ictus do porquiño
Represión sexual e literatura
Fidel Vidal. En conversas con Freud, e fascinado pola historia das relixións, Jung dicíalle que algo atrancaba as súas teorías da libido: o feito da existencia de eremitas onde no seu retiro, por mor do illamento, o monxe é liberado do mundo e dos desexos, e de calquera outra pantasma. Freud non dubida en responder que afastarse do mundo non implica necesariamente ningún retiro da libido, senón ao revés. O monxe non retira as súas investiduras do mundo, distánciase del mais para se interesar no mundo. Aí está a literatura monástica que o confirma. Seguir lendo Represión sexual e literatura
Galicia e os galegos na poesía castelá LII. Iglesias de la Casa
Román Arén. Na poesía española do século XVIII é costume falar de Escola Poética Salmantina para referirse a un grupo de poetas que coincidiron nesa cidade, que xirou arredor de Meléndez Valdés e, en parte, de Cadalso, que anovaron a poética castelá no último tercio do século e entre os que destacaron Frei Diego Tadeo González, Forner, Fernández de Rojas e Iglesias de la Casa. Todos estiveron tamén relacionados con Jovellanos. Todos estes vates irían da poesía amorosa e pastoril cara a unha poesía máis didáctica, moral e épica, é dicir, unha poesía “ilustrada”. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá LII. Iglesias de la Casa
Tic tac en urxencias
X. Ricardo Losada. Paso un domingo, como familiar dun paciente, en Urxencias do Hospital Clínico de Santiago. Hai moito tempo que non estaba e sorpréndeme a liberdade coa que podo moverme. Por unha porta de apertura automática que pon Paso restrinxido, e que só abre desde dentro, entro e saio en moitas ocasións, durante máis de dez horas, sen ningún problema. Seguir lendo Tic tac en urxencias