Poema á duración, de Peter Handke (II)

handke3Fidel Vidal. Poucas semanas despois do suicidio da súa nai por sobredose de narcóticos en 1972, Peter Handke escribiu un texto con este radical e sorprendente título: Desgraza impeorable. O porvir que a morte nos ofrece –di Levinas-, o porvir do acontecemento, aínda non é o tempo. Xa que logo trátase dun futuro para ninguén, un futuro que non pode asumir o home. Entre o presente e a morte media un abismo, unha marxe ao mesmo tempo infinito e insignificante.

“Aquel que non soubo o que é a duración non viviu.” É a proposta a un convite por unha nova vida. (P. Handke).  Ocorre a duración/ cando no cativo,/ que xa non é un neno/ -xa talvez un ancián,-/ reencontre os ollos do neno. Seguir lendo Poema á duración, de Peter Handke (II) →

Poema á duración, de Peter Handke (I)

handke1Fidel Vidal. Calquera expresión referida ao paso do tempo non ten sentido. Porque o tempo non pasa, é inmutable. Quen pasamos somos nós. Es ti quen pasa a través do tempo. Porque este permanece, sempre está aí, mais transformado nun suposto teórico que os homes inventaron e que necesitan para facer cálculos e contas. Tempo, dicían os estoicos, é o movemento do sol, a medición do seu percorrido. O que se mantén en todo tempo, noutro tempo e no actual, sen ser destruído, dise que é eterno. Mais non existe nada igual e indestrutible que o tempo en si: eternidade e tempo son o mesmo. Seguir lendo Poema á duración, de Peter Handke (I) →

Galicia e os galegos na poesía castelá LI. A cubana Fina García Marruz

finagarciaRomán Arén. Cando se fala da xa lendaria revista cubana <Orígenes> (1944-1956) sempre se cita o nome do gran Lezama Lima e con el a José Rodríguez Feo, Eliseo Diego, Alfredo Lozano, Cintio Vitier e Ángel Gaztelu; pero ás veces non se cita a Fina García Marruz, poeta fundamental neste grupo, case a única muller na revista, se exceptuamos a pintora Amelia Peláez e a chilena Gabriela Mistral. Fina García Marruz, nacida na Habana en 1923, especialista en Martí, publicou o seu primeiro poemario, Poemas, en 1942, Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá LI. A cubana Fina García Marruz →

Máis alá da pintura

SOLISTAAntonio Piñeiro. O que non esperamos, ao asistir a unha mostra pictórica, é ser nós o obxecto da observación, ser nós os observados/as. Iso é o que me aconteceu con esta última de Mónica Ayaso. Atopei esa ollada inversa, multíplice, mais unívoca, que semellaba coma dun ente vivo ou unha presenza máis alá da pintura. O ollo, fixo en nós, deste Solista celestial, que fun atopando/sentindo mentres facía o percorrido.

Escoitabámolo dende os vellos escanos da facultade: La chiquita piconera(Julio Romero de Torres), a moza da perla (Vermeer), a ollada de Inocencio X (Velázquez) ou o ollo de Buñuel. Seguir lendo Máis alá da pintura →