Marcos Lorenzo. Segundo a wikipedia, o feísmo é a tendencia artística que valora esteticamente o feo. Así se definiu até agora. Porén, desde hai un tempo, algúns xornais popularizaron unha nova acepción do termo que se circunscribe a Galicia e que pretende denunciar as desfeitas paisaxísticas provocadas, seica, polo mal gusto conxénito dos nosos paisanos. Así, cando se menciona a palabra feísmo xorden asociadas certas estampas chuscas como os somieres a modo de cancelas nas leiras, as vivendas de nova planta sen recebar ou a construción de galpóns con materiais de refugallo. Ningún destes exemplos debera chocar a quen coñeza a historia social de Galicia. Seguir lendo “Chapuzas gallegas”
O fillo do outro, de Lorraine Levy
Xerardo AgraFoxo. Esta película trata un tema recorrente tanto non mundo do cine como no da literatura. Unha historia que semella a mesma que a narrada na película de Hirokazu Koreeda, De tal pai tal fillo, cando dous cativos xaponeses descobren que ao nacer foron intercambiados nun hospital por culpa dunha enfermeira anoxada. Nesta película francesa a acción trasládase ata Israel e Cisxordania: os afectados son un xudeu e un palestino. Cando o primeiro, Joseph, se prepara para entrar no exército israelí, descobre que non é fillo biolóxico de seus pais porque ao nacer, no medio da guerra que asola o peirao de Haifa, foi intercambiado accidentalmente por Yacine, o naipelo dunha familia palestina que vive humilde-mente nos territorios ocupados. Seguir lendo O fillo do outro, de Lorraine Levy
Paisaxes urbanas como espazos de lectura da historia

Pedro García Vidal. Sobre o substrato natural que lle dá forma, a cidade preséntase como a máis artificial das paisaxes: un entrabado de espazos libres e edificados resultante da interacción dos seres humanos coa natureza. A paisaxe que se nos mostra é só o resultado final dun longo proceso de transformación. Por iso, e dado que diferentes sociedades actuaron sobre o espazo, cadansúa coas súas características propias, o resultado é un lugar singular Seguir lendo Paisaxes urbanas como espazos de lectura da historia
Os cadernos do avó Mauro
Fidel Vidal. Escribe poeticamente, mesmo en prosa. Non lembro o autor destra frase pero sei que Erza Pound expresou algo semellante. Así vai a historia de amor dun adolescente contada coa voz fresca daquela idade (velaí unha gran dificultade resolta de forma maxistral e aparentemente sinxela) de Antón Riveiro Coello (A ferida do vento, Galaxia, 2016) quen, ao mesmo tempo, dános razón duns cadernos do seu avó, unha especie de arquivo onde vai apuntando os nomes e os costumes dos “aventados” da bisbarra. Ao longo da mesma non deixa de latexar a Galicia emigrante. Seguir lendo Os cadernos do avó Mauro