Medran os días

medranFrancisco Ant. Vidal Blanco. Ninguén ten que enfadarse porque diga que antes de que nacera o Neno Xesús, xa o Nadal tiña razón de ser e de festexar, precisamente por ser o momento a partir do cal os días comezan a medrar, porque o sol vai gañando altura. A min gústame o mito de Helios, quen tras recibir o galano anual de catro cabalos novos para o seu carro solar, estes van aprendendo o camiño a través do firmamento e cada día soben un pouco máis alto, posibilitando que as horas de luz duren máis. Seguir lendo Medran os días →

Pessoa, persa

rubaiyat-canciones-para-beberRomán Arén. Cantas almas tivo Pessoa? A súa almoeda é interminable, case infinita, cada ano aparecen marabillas novas. Eu agora teño na man un libro español da editorial bilbaína El gallo de Oro, Rubaiyat (Canciones para beber, 2015), no que Beñat Anginzoniz selecciona e traduce unha escolla dos Rubaiyat pessoanos, a partir da edición crítica de 2008 do poeta portugués, en edición de Maria Aliete Galhoz. O bo desta edición é que, como debe ser, é bilingüe. A tradución é xeitosa, con algún que outro erro. A antóloga di no prólogo que a condición de anflófono de Pessoa o levou a coñecer a famosísima versión inglesa que  o escritor británico Edward Fitzgerald editou en 1859 dos Rubaiyat de Omar Khayyam. Seguir lendo Pessoa, persa →

Quimeras que non son quimeras

porcoX. Ricardo Losada. Hai anos era habitual insultar unha persoa, mesmo un neno, chamándolle animaliño, sobre todo cando se comportaba dunha forma pouco humana. Agora estaría mal visto. Os dereitos dos animais e a sensibilidade con outras especies aumentaron notablemente. Case se lle deu a volta á situación. Máis que insultar un ser humano chamándolle animal, insultamos os animais, como Schopenhauer, chamándolles humanos. Non sexas adolescente, oínlle berrar o outro día a unha veciña. Dirixíase a un can que non para de ladrar en toda a noite. Seguir lendo Quimeras que non son quimeras →

Auxe e decadencia de Cimadevila

cimadevila
Á beira da nova estrada formouse unha fermosa, ampla e lineal rúa sementada de árbores

Antón Rodríguez Gallardo. A existencia de Cimadevila está datada xa con anterioridade ao século XVIII, cando non era máis que un exiguo casarío ás beiras do camiño real de Padrón a Ribeira no seu percorrido pola ladeira do monte Espiñeira. Será a partir de mediados da década de 1860 cando adquira protagonismo na vida boirense ao se trasladar, dende A Tenencia a este lugar, a casa do concello e, polo tanto, a sede da administración e a capital municipal. Seguir lendo Auxe e decadencia de Cimadevila →