O camiño á casa, de Zhang Yimou

El_Camino_A_CasaXerardo AgraFoxo. Esta espléndida e lírica obra de arte (Oso de Prata do Festival de Berlín e Premio do Público do Festival de Sundance) conta unha historia sucedida nunha remota aldea chinesa durante os tempos de Mao. Cando Luo Yusheng, un home de negocios, regresa ao seu berce para asistir o enterro do seu pai, atópase cunha nai que desexa respectar as tradicións funerarias do lugar. Ela pretende que o cadáver do seu home sexa traído dende o hospital ata o cemiterio polos veciños onde el foi mestre durante varias décadas. A partir desta proposta, contada en imaxes en branco e negro, Zhan Yimou (1951) narra en cor a vida amorosa dos pais de Luo: dende que ela era unha moza de 18 anos e el chegara á aldea como novo mestre. Seguir lendo O camiño á casa, de Zhang Yimou →

Paisaxe nocturna

paisaxe nocturna
Unha aplicación permite contemplar a Terra a través dunha cámara que porta a ISS

Agustín Agra. Malia a friaxe propia das noites de novembro, agardo pola chegada do tempo anticiclónico. Fágoo coa esperanza de gozar dun ceo despexado da presenza das nubes que o toldan este día. Na vez de cun telescopio, acompaño co móbil as saídas nocturnas á terraza da casa. O emprego dunha simple aplicación (google sky map, de descarga gratuíta) permíteme enredar co intento de recoñecer estrelas e planetas e mitigar unha ignorancia da que non adoecían os nosos devanceiros. Seguir lendo Paisaxe nocturna →

Un franciscano de Boiro

manuelPastor Rodríguez. Se ben houbo presenza do Barbanza en varias ordes relixiosas, o maior número deuse na orde de San Francisco, cousa lóxica dado que os franciscanos tiveron conventos na Pobra, en Noia e en Muros, pero ademais quedaba preto o de Herbón. Franciscano foi Manuel Suárez Lorenzo, nacido en Boiro en 1864, lector de Teoloxía en Santiago ata 1910, definidor provincial de 1896 a 1899 e bibliotecario do convento compostelán ata 1947. Aínda que publicou algunha obra piadosa como Vía Crucis viviente (1904), destacou polos seus traballos históricos na revista El Eco Franciscano, entre os que se poden citar La concha de la Catedral (1918), Descubrimiento de las reliquias del Apóstol Santiago en 1879, serie de artigos de 1920 Seguir lendo Un franciscano de Boiro →

As penas e os días

traballoFidel Vidal. Unha sociedade que promove e enaltece a competencia como rivalidade e presume de caritativa, xamais pode ser xusta nin solidaria. Sexa como for, prima conquistar o primeiro lugar, ocupar o podio do campión. Non se admite un segundo, este pódese converter nunha traxedia. Todo o mundo loita por conseguir as mellores notas, por ser dos primeiros da lista para acceder a ese emprego anhelado. Ou se acaso a posibilidade de participar con vantaxes nun sorteo de oposicións para unha praza de funcionario, poñamos, nun Concello. Seguir lendo As penas e os días →