Pedro Ferrández Rivera. “Hai unha festa na miña mente e espero que nunca se deteña” (Memories can’ t wait. Talking Heads). O antónimo de celebrar é o baleiro, o deserto. O deserto para a vida é como o silencio para a música, un indicativo de que algo ten que cambiar, algo ten que soar. Corrían os anos oitenta e un amigo, que só regala cousas que o apaixonan, envolveume nun papel de agasallo espiritual a recomendación do Ulises de Joyce. Seguir lendo O meu Bloomsday
Atragoada
Marina Losada Vicente. -Avoa, por que á chica se lle ve o cu e ao chico non se lle ve?
Praia de Tanxil, na zona na que a rapazada pasa a tarde. Antón, mentres merenda, mira como xogan nos campos de volei praia, que eles mesmos trazaron, usando como centro as redes que colocou o concello. Unha morea de corpos en movemento, eles en traxe de baño short; elas, bikini brasileiro. Seguir lendo Atragoada
Fetiches e feitizos
Fidel Vidal. Sendo verdade que o discurso acerca do fetiche tivo e ten unha marcada dimensión sexual -o fetichismo como un modelo exclusivo da (non) relación sexual-, a idea de que o referente último de fetiche sexa o falo non se articulou até finais do século XIX. Seguir lendo Fetiches e feitizos
As últimas palabras
Amancio Pampín Suárez. Preocu-pábao a morte, coma bo exipcio, mais coa diferenza de que a súa estaba escrita, en caracteres gregos e latinos, con selos imperiais. Sentíase tranquilo, en paz, a pesar dos golpes e das ofensas dos soldados no santuario, requisando papiros e esparexendo ouriños e excrementos polo templo igual que animais sen entendemento. Seguir lendo As últimas palabras