Ramiro Ouviña O. O rumor espallouse coma un disque e nunca coma unha certeza. Ninguén coñecía ningunha muller que sufrira tal situación, pero todos sabían de alguén que escoitara que lle sucedera a unha coñecida. Era sempre a mesma historia: mulleres que nos días despois do cambio ao horario de inverno, cando as noites comezan ás seis da tarde, mantiñan a camiñada como o exercicio cotián, xuraban que un home, de aspecto estraño e ameazante aparecía, achegábase e desaparecía. Co paso dos días o terror vestiuse coas 256 intensidades do gris. Dependía da hora do día e se a tinguidura se daba na palestra dos bares Seguir lendo Escuro garaxe de desexo
Arquivo da categoría: Ramiro Ouviña O.
Á procura dos milagres
Ramiro Ouviña O. Bieito nunca rexeitou os costumes relixiosos impostos pola familia e as convencións sociais da época. Pasou polo catecismo, a primeira comuñón e a confirmación como quen pasa polos escenarios dunha obra irreal, gozando da fantasía, esquecendo o texto. A igrexa non o defraudou. En cada cerimonia ofrecíalle un novo e mellor motivo para o abraio. Seguir lendo Á procura dos milagres
Son eu, sabes?
Ramiro Ouviña O. (A Sabela Alda Cons Ouviña, o mellor, sen dúbida, do 2020). Entro no cuarto camiñando como se o chan fosen febles nubes, con coidado de non alterar aquel espazo que lle pertence. O claroscuro proporcionado pola persiana paréceme esaxerado pero “os que mandan” aquí só me permiten alivialo un pouco, o xusto para que a poida ver. Seguir lendo Son eu, sabes?
Telexornal mediodía
Ramiro Ouviña O. —Por amor de deus, Xildiña, acouga. Hoxe non tes paranza.
A nena erguérase de súpeto e corre cara ao balcón perseguida da irmá máis pequena, de Olinda. Seguir lendo Telexornal mediodía