Arquivo da categoría: Teatro

Dous bidóns do lixo e un cadro na parede

img_msanoja_20170219-174207_imagenes_lv_otras_fuentes_istock-181084592-106-kQR-U42155611703Iz-992x558@LaVanguardia-WebFidel Vidal. Lacan comeza o Seminario XVI escribindo no encerado: “A esencia da teoría psicanalítica é un discurso sen palabras”. Nesa ocasión utiliza o neoloxismo  poubellication (xogo de palabras entre publication, publicación e poubelle, po, lixo, vertedoiro do lixo) e é cando, a partir diso, cita a Beckett Seguir lendo Dous bidóns do lixo e un cadro na parede

O club dos 27

lorcaNoelia Toledano. (Dedicado ao Teatro, a Groucho Marx e a Lorca). Nunca pertencería a un club que admitise como socio a alguén como min. Debo confesar que nacín a unha idade moi temperá. Chegados os 27 anos, polo xeral, un xa escolleu unha forma de vida ou está nun proceso de procura. Ten claro o seu traballo ou a súa maneira de gañar a vida. Ten a súa parella, a súa soltería, a súa relixión, a súa situación social e a súa situación predeterminada respecto ao grupo ao que pertenza. Seguir lendo O club dos 27

Cus de mal asento

Roland_Barthes__La_mort_de_lauteurFidel Vidal. Segundo Barthes “o escritor moderno nace ao mesmo tempo que o seu texto; non está provisto en absoluto dun ser que preceda ou exceda a súa escritura, non é en absoluto o suxeito cuxo predicado sería o libro; non existe outro tempo que o da enunciación, e todo texto está escrito eternamente aquí e agora” (Roland Barthes, A morte do autor). O tempo do texto unicamente se pode acertar se vai axustado ao lugar que o describe, e este lugar será o centro: un tempo centrado nas palabras. Aí está Hamm para amosárnolo coa imposibilidade de dar con el, porque sabemos que se trata dun imposible ou, o que é o mesmo, dun sitio imaxinario a escoller: o centro son eu. Estamos a falar dos cus de mal asento. Seguir lendo Cus de mal asento

O dono do chifre

Claudio-Obregon-CNT-BFidel Vidal. O chifre, sempre á man de Hamm, colgado do pescozo como un escapulario ou un toisón de ouro -o vélaro dun carneiro degolado a emitir un son parcial (mentres o coiro se transforma en ouro)-, un chío particularmente alarmante ou angustioso, igual que o pranto dun neno, utilizado para pedir axuda ou demostrar quen é quen na sala de demostracións. En cada un dos seus apurados sopridos está a dicir e reclamar: Acudide!

Hamm, o amo, tendo gorxa e voz, fai uso do asubío para chamar polo servente. Por Clov. O “pito”, un indicador de quen manda. Seguir lendo O dono do chifre