Antón Riveiro Coello. Sempre desconfiei das enquisas, sobre todo, daquelas relacionadas coa intimidade. Para sermos francos nas respostas tamén precisamos de certa intimidade e anonimato. Cando alguén nos pregunta en directo, o máis normal é finxir e encher o peito de vaidade para soltarmos non o que é senón o que nos gustaría que fose. Seguir lendo As ilusións do sexo
Arquivo da categoría: Antón Riveiro
Influencias
Antón Riveiro Coello. Abraian as mortes de youtubers e a súa casuística absurda: comendo cempés, tirándose en parapente, conducindo unha moto cos pés ou guiando un patinete eléctrico pola estrada. A obsesión por non perder interese nas redes leva a unha perda do anonimato e a unha sobreexposición pública que ás veces pasa unha factura fatal. Seguir lendo Influencias
Soidade viral
Antón Riveiro Coello. Hai uns cantos anos, cando as redes aínda non botaban lume, vin dous mozos enviándose mensaxes mentres compartían mesa e bebían un refresco nunha terraza. Naquela altura un podía entender que estaban en plena descuberta das posibilidades que lles ofrecía o móbil para se conectaren e o caso non pasaba de algo propio da idade e da absorción das novas tecnoloxías. Seguir lendo Soidade viral
Elas tamén xogan
Antón Riveiro Coello. Á pregunta dun periodista sobre se o City podía ser o primeiro equipo inglés en acadar un triplete, Pep Guardiola respondeu que esa posibilidade só se daba no masculino porque un equipo feminino xa o lograra. A resposta converteuse en noticia e, unha vez máis, puxo o foco na desigualdade que os medios de comunicación constrúen a diario dándolle máis valor a un adestramento de Messi que ao éxito dunhas xogadoras de baloncesto nun Campionato do Mundo, por poñer só un exemplo. Seguir lendo Elas tamén xogan