Arquivo da categoría: Antón Riveiro

Cantar o silencio

El gallo que no canta en su gallinero es porque ya cantó en el forasteroAntón Riveiro Coello. Nos últimos días vemos que os animais visitan os xulgados, como acusados ou como testemuñas. Por exemplo, unha xuíza ordenou que unha cadela asistira como testemuña no caso de maltrato do seu dono, que a botou ao lixo nunha maleta. Penalizouse tamén nun xulgado o canto dos galos. As dúas noticias poderían parecer inéditas, propias dun argumento para un relato de humor Seguir lendo Cantar o silencio

Pretérito perfecto

flechas-del-analisis-logicoAntón Riveiro Coello. Na política a estratexia do verbo é ben importante. Agora, o que é xa non é senón que foi. Vale isto para a culpa, os insultos e as mudas. Todo é variable, como diría Groucho, estes son os meus principios, se non lle gustan teño outros. Non pasa nada. Tanto ten a distancia que haxa entre unha palabra e outra, entre unha campaña e outra. O importante é usar ben o verbo. Os partidos políticos non se diferencian alá moito dun equipo de fútbol. Seguir lendo Pretérito perfecto

Espectáculo para ignorantes

img0Antón Riveiro Coello. Un podería pensar que hai algo infantil nunha parte da sociedade que se decanta por unha alternativa como Vox, aínda que só sexa para contestar unha enquisa. Se a mellor estratexia para unha formación política é falar o mínimo, iso significa que ten pouco que dicir ou moito que calar. E máis cando algúns políticos doutras formacións pasan o día esbardallando nos medios, dicindo hoxe, coa mesma convicción do día anterior, unha cousa totalmente diferente. Seguir lendo Espectáculo para ignorantes