Gonzalo Trasbach. Logo de pasar dous días en Bos Aires e outros dous en Santiago, agora xa estamos en Castro, a cidade máis importante de Chiloé, illa principal do arquipélago que conforma a provincia do mesmo nome do sur de Chile, á altura do paralelo 42, máis ou menos o mesmo no que está situada Galicia, pero esta no hemisferio norte. Cunha xeografía, unha paisaxe e un clima moi semellantes aos da nosa comunidade, nesta terra (chamada no seu tempo Nova Galicia), verde, boscosa, abondosa, xenerosa e fértil, pero tamén violenta (pola actividade volcánica), hai 108 variedades de patacas. Danme a probar unha de cor lila. Ao mastigala penso en ti, meu amor, e desexo volver xunto a ti para darche 108 bicos e abrazos. Seguir lendo A cor das lilas nomea o teu nome
Arquivo da categoría: Gonzalo Trasbach
Donovan e Londres na lembranza
Gonzalo Trasbach. Os dous primeiros veráns que pasei en Londres coincidiron coas edicións máis potentes e talvez masivas do festival Isla de Wight. No ano 69, cando arribei a Victoria Station –era a primeira vez que saía de Galicia-, a estación de trens máis enorme que vin na miña vida, e iso que o día anterior xa pasara por dúas de París, o coro sonoro que xiraba na miña cabeza era moi limitado: ademais dos cantantes galegos e españois daquel tempo, The Beatles, Rolling Stones, Bob Dylan… e pouco máis. Seguir lendo Donovan e Londres na lembranza
Vixencia de Rock Bottom, cumio da excelsa obra de Robert Wyatt (II)
Gonzalo Trasbach. Pero se Rock Bottom é a súa obra mestra, no é a única excelsa de Robert. Lembremos, pois, outras cimas importantes na súa longa cabalgada en solitario:
Con Ruth Is Stranger Than Richard (1975) o jazz e o pop acadan novas formas na súa creación. Así o demostran a colorista Soup Song e os malabarismo vocais, outra vez un instrumento máis –como se observa no diálogo piano-voz que establece con Frith en Muddy Mouse. Seguir lendo Vixencia de Rock Bottom, cumio da excelsa obra de Robert Wyatt (II)
Vixencia de Rock Bottom, cumio da excelsa obra de Robert Wyatt (I)
Gonzalo Trasbach. O mítico Rock Botton cumpre corenta anos. Aínda que editado en xullo de 1974, foi presentado en público o 8 de setembro nun concerto en Londres. Aquí tardamos máis en coñecelo. Estando na mili, nun permiso e a través dun amigo, escoitei por vez primeira o segundo disco en solitario de Robert Wyatt, o batería dun grupo que tiña marcado un punto de inflexión no chamado rock progresivo: Soft Machine. Lembro que cando oín a fonda tristura que saía daquela voz afiada, o meu decaído ánimo mudou e logo empreguei bastante tempo para atopar información sobre o autor e a súa traxectoria. Seguir lendo Vixencia de Rock Bottom, cumio da excelsa obra de Robert Wyatt (I)