Arquivo da categoría: Gonzalo Trasbach

Matanza en Gaza

palestinaGonzalo Trasbach. A ofensiva israelita contra Gaza, iniciada o 8 de xullo, aérea e despois terrestre, ten provocado a morte de máis de dúas mil persoas. Con todo, é pouco probábel que os cercados claudiquen. Toda a historia deste territorio, onde naceron os principais cadros dirixentes de Fatah, confirma a sólida tradición de resistencia dunha poboación que non se resignou endexamais á desaparición de Palestina logo do acontecido en 1948. O ataque desencadeado por parte do Goberno de Israel contra un rectángulo de 360 km cadrados, ao que o Estado israelita ten asfixiado cun férreo bloqueo por terra, mar e aire dende o 2006, deixou ata agora un balance terrorífico: máis de 2000 palestinos mortos, entre os que se contabilizan máis de 500 nenos, máis de 10.000 feridos e medio millón de desprazados. Seguir lendo Matanza en Gaza

Redes sociais e sustancias aditivas

redes-sociales-ansiedadGonzalo Trasbach. Non cabe dúbida: vivimos tempos de desarroupe total. As redes sociais posibilitan que todos saiamos dos chineiros cunha facilidade letal. Abandonamos os roupeiros para, sobre todo, expoñernos e dicir estupideces ou necidades a cada cal máis asombrosa e que ninguén necesita ler. Incluso o facemos para vender sustancias duras e aditivas: odio, rancor e resentimento. Estas mercadorías, que se venden dende hai uns tres séculos por parte duns e doutros (dende a dereita máis rancia ata a esquerda máis radical, pasando pola socialdemocracia), teñen moito valor e son moi potentes. Seguir lendo Redes sociais e sustancias aditivas

Terrence Malick: personaxe e obra

malick 1Gonzalo Trasbach. Ou cae coma Deus ou cae fatal. Non hai termo medio con Terrence Malick. O recoñecemento ou a desaprobación da súa obra, ademais das súas virtudes, excesos ou eivas, baséase tamén na constitución da súa personalidade. Unha personalidade esquiva, propia dun artista que rexeita a exhibición pública, aínda que saiba que esta forma parte do xogo e carrexa algunhas obrigas. Neste senso, os medios reprocháronlle que, co gallo de recibir a Palma de Ouro no festival de Cannes do 2011 polo seu penúltimo filme, A árbore da vida, non comparecese na rolda de prensa para argumentar e defender a película, tarefa que delegou nos actores e nos seus produtores. Seguir lendo Terrence Malick: personaxe e obra

Tres libros e tres discos para o verán

john coltraneGonzalo Trasbach. Cando chegaba o verán, os compañeiros responsábeis dos suplementos culturais do xornal no que traballaba convidábanme a participar nunha programación que xenericamente estaba destinada a recomendar libros ou discos para esta tempada. Só coa idea de manter viva esa pequena deformación profesional, atrévome a argallar un mínimo cartel para os días estivais: tres libros acompañados de tres discos.

Os volumes están á vez relacionados coa música, aínda que desde perspectivas ben diferentes. Así, en My Favorite Things, Michel Delorme (Ed.) presenta nun pequeno formato de extensión, pero dun colosal valor, unha serie de entrevistas con John Coltrane (1926-1967). Seguir lendo Tres libros e tres discos para o verán