Arquivo da categoría: Gonzalo Trasbach

Syd Barrett e Pink Floyd, da luminosidade á escuridade.

Syd_barrettGonzalo Trasbach. Unha historia cun luminoso comezo e un final escuro e tráxico vive este ano un dobre aniversario. Hai vinte anos que o grupo musical Pink Floyd recolleu o seu instrumental, baixou a persiana e pechou o quiosco, logo dun longo período de 27 anos (1967-1994) e catorce discos, un amplo e variado catálogo, que se abriu con The Pipper At The Gates Of Dawn (1967), considerado por moitos como o mellor álbum da súa carreira. Unha carreira que nos seus primeiros chanzos estivo iluminada e dominada polas composicións de Roger Keith “Syd” Barrett (Cambrige, 1946-2006), de quen tamén neste 2014 se cumpren 40 anos da súa despedida do mundo Seguir lendo Syd Barrett e Pink Floyd, da luminosidade á escuridade.

Foi o punk unha revolución musical ou unha estafa?

postpunkGonzalo Trasbach. Os Sex Pistols cantaban “No Future”. Pero si hai futuro, e estamos intentando construílo (Allen Revenstine, Pere Ubu, 1978).

Foi o punk unha revolución musical, social e estética ou sinxelamente só foi unha estafa? Sería esta en poucas palabras a pregunta á que quere dar resposta a través das súas 506 páxinas Postpunk. Romper todo y empezar de nuevo (1978-1984) (Caja Negra Editora, Arxentina). Se ben existen centos de libros que documentan aqueles anos nos que o punk desafiou o estatus quo musical co seu nihilismo de tres acordes e a ética do do it yourself, o volume de Simon Reynolds (Londres, 1963), Seguir lendo Foi o punk unha revolución musical ou unha estafa?

Byung-Chul Han, no ronsel da mellor filosofía do presente

La sociedad de la tranparenciaGonzalo Trasbach. Anunciamos aquí hai pouco que tiña nacido unha nova estrela no firmamento da filosofía alemá: Byung-Chul Han, un coreano afincado en Berlín ao que moitos xa consideran o sucesor de Sloterdijk, quen, ao parecer, non encaixou de moi bo grao a popularidade e o recoñecemento do que arestora goza o seu “exprotexido” na Escola Superior de Deseño de Karlsruhe. Sexa certo ou non, o que non ten dúbida é que o autor de A sociedade do cansazo, A sociedade da transparencia e A agonía do Eros (editorial Herder), tres libriños de poucas páxinas (entre 80 e 96), está no ronsel da mellor filosofía occidental do presente: testemuña dos tempos actuais, implicada nas súas cuestións…, filosofía fonda, densa, reflexiva, sen o mofo dogmático do reseso sermón progresista… Seguir lendo Byung-Chul Han, no ronsel da mellor filosofía do presente

Carta sonora para un amigo

Leonard-Cohen-Old-IdeasGonzalo Trasbach. Querido X.: Cada vez que nos atopamos para comer cos amigos, dun xeito ou doutro, sempre saen á luz os nosos desacordos sobre a música. Na última xuntanza en Cea (Bueu), naquela fermosa taberna colgada na ladeira do monte fronte a un mar que se perde no horizonte, o debate xirou sobre Leonard Cohen. Dándolle voltas ao asunto pensei que talvez non fora moi xusto nin contigo nin co cantante de Montreal. Cheguei a esta conclusión mentres escoitaba as delicadas e sentidas notas de Suzanne, a canción que abría e abre o álbum de debut do inesquecíbel cantautor canadense. Seguir lendo Carta sonora para un amigo