Arquivo da categoría: Gonzalo Trasbach

Marilyn, alegre erotomanía da lectura

Foto: Eve Arnold
Foto: Eve Arnold

Gonzalo Trasbach. Cantos de nós non pesamos algunha vez, e talvez aínda o seguimos facendo, que Marilyn Monroe (1926-1962), actriz nacida en Estados Unidos baixo o nome de Norma Jean Baker, é unha starlet, é dicir: sexy, superficial e estúpida? Ou algo semellante: parva, inculta e mala actriz?

Coa finalidade de renderlle un pequeno homenaxe á que foi un dos mitos eróticos da miña adolescencia, ocorréuseme escribir este texto cando contemplei varias fotos dela, especialmente a que ilustra este artigo. Seguir lendo Marilyn, alegre erotomanía da lectura

A música das esferas, de Carlos Lema

cuberta-sombra-peqGonzalo Trasbach. No principio foi o mundo. E logo, o mito e o lógos, un <dicir> para nomear as cousas, para ordenar e conseguir que o ser humano puidese habitar o mundo. Habitar é ordenar un lugar. Habitar e delimitar o antes ilimitado… Parte de aquí A música das esferas (Xenealoxía da orde do mundo), de Carlos Lema (San Sadurniño, 1958). O segundo ensaio do editor e poeta, que vén de publicar Euseino?, un dos proxectos máis recentes do panorama editorial galego que destaca pola súa aposta pola filosofía e que nos presenta unha ampla panorámica da historia da filosofía, que acostuma arrancar das achegas da Grecia clásica, como punto nodal do pensamento occidental. Seguir lendo A música das esferas, de Carlos Lema

“Searching For Sugar Man”, de Malik Bendjelloul

searchingGonzalo Trasbach. Detroit. Ano 1965. Dous afamados produtores musicais camiñan polas calellas estreitas e escuras da cidade. Entran nun bar ateigado de xente nova e atoparon no escenario un mozo de aspecto chicano tocando a guitarra e cantando. Interpretaba cancións propias. Falan con el. Arránxano todo para gravar un disco e lanzalo á fama. Mais o éxito nunca chegou, agás nun sitio: nunha Sudáfrica pechada polo Apartheid, onde os seus discos corren de man en man. Seguir lendo “Searching For Sugar Man”, de Malik Bendjelloul

La grande bellezza (II), de Paolo Sorrentino

gran beleza trasbachGonzalo Trasbach. Cunha secuencia máxica, hipnótica, a festa do 65 aniversario do protagonista, nun marabilloso ático ao carón do Coliseo Romano, arranca La grande bellezza, o filme de Sorrentino que, ademais de ateigado de frases  memorables, diálogos desternillantes, e de estampas dunha beleza desbordante, cegadora, é unha ácida reflexión sobre o sentido que aínda ten, nos nosos escenarios ultrailuminados, respirar, amar ou odiar.

O director, Paolo Sorrentino, e o personaxe principal Jep Gambardella (Toni Servillo) parecen estar de acordo nisto: somos histriónicos porque tememos o baleiro, o sen sentido, o silencio de vivir. Disto, o desenfreo social e non só de noite. Seguir lendo La grande bellezza (II), de Paolo Sorrentino