Arquivo da categoría: Gonzalo Trasbach

Perlas sonoras que nos deixou o 2013

phosphorescent-muchacho-cover-artGonzalo Trasbach. Foi o 2013 un ano convulso. Estalaron movementos populares en todo o mundo para cuestionar o poder ou esixir mellores condicións de vida, mentres que nunha Europa ferida de morte a xenofobia espallouse coma unha peste. Unha vez máis a música canalizou este espírito de resistencia e exerceu de altofalante da disidencia. E fíxoo de múltiples maneiras, como tamén se di o amor: houbo respostas que se cinguiron a un mundo que se volveu máis áspero, inconfortable, frío e alucinado. Seguir lendo Perlas sonoras que nos deixou o 2013

Sociedade e barbarie, de Ignacio Castro

sociedad y barbarieGonzalo Trasbach. DEFENSA DUNHA EXISTENCIA CALQUERA. Sociedade e barbarie (Melusina, 2012) é un libro case maldito. Pese aos grandes esforzos que realizou o seu autor, Ignacio Castro Rey (Santiago, 1952), por sacar adiante unha das súas criaturas máis queridas, pola paixón, amor e traballo que investiu nela, o volume case, ou así o parece, caeu na clandestinidade, perdido nos andeis das librerías ateigado de po. Talvez naceu xa eivado. Ferido de morte por cuestionar a un Karl Marx que segue a ser un santón entre nós. Pero tamén mangado por un prólogo no que o filósofo catalán Miguel Morey naufragou ou encallou ao negarse a navegar polas esixentes páxinas do libro. Seguir lendo Sociedade e barbarie, de Ignacio Castro

A “demonización” da pobreza

chavsGonzalo Trasbach. Chavs: A demonización da clase obreira (Owen Jones, Capitán Swing, 2012) é un compromiso moral coa pobreza da Inglaterra actual. Jones aporta unha visión desgarrada da cultura media inglesa de agora, vertendo ademais un caudal de información escandaloso sobre calquera democracia europea.Ocúpase da “democracia real”, do poder, da súa xeneralizada impiedade, dunha corrupción estrutural que chapuza por igual a políticos e periodistas, a conservadores e neolaboristas.

Seguir lendo A “demonización” da pobreza