Arquivo da categoría: Uxía Casal

Sempre en obras

o fioUxía Casal. Hai pouco recibín efusivas mostras de afecto dunha persoa, algo que non debería sorprender e, de feito, non foi sorpresa o que sentín, pero si abraio cando ollei para atrás e constatei as variadas fases que atravesou a nosa relación ao longo dos anos. Sospeito que non son a única á que lle ocorre deterse a pensar nun momento dado como vai cambiando a vida a medida que pasamos polo tempo, que por moito que coidemos rematada unha angueira, trabucámonos por completo, pois as angueiras transfórmanse, pero non rematan nunca. Seguir lendo Sempre en obras →

Luz

limónUxía Casal. Levo enriba unhas cantas estacións e podo afirmar que, polo momento, a que máis me gusta é o outono, coma a tantos outros que gozan desa luz dourada, menos intensa cá do verán e máis viva cá do inverno, dos matices tan variados da gama de marróns e ocres que co paso dos días vai dotando as follas das árbores, da aparición de novos animais e a marcha doutros… Seguir lendo Luz →

Especies

O FIO. IMAXEUxía Casal. Foi ao instalármonos en Ribeira cando vin clara a posibilidade de ter un can; mellor dito, unha cadela. Derrotada a fobia que lles tiña, desexaba saber que era convivir con esa especie que tantos praceres lles reportaba a moitos. Como novata que quere facer ben as cousas, informeime a conciencia: lin libros sobre razas, etoloxía, costumes, hixiene e todo canto me pareceu necesario para iniciar esa aventura Seguir lendo Especies →