Arquivo da categoría: Viaxes

Ilhabela

4braXerardo AgraFoxo. Deixoume nun lugar que se chamaba Vila, considerado como a capital municipal de Ilhabela. O seu centro era un claro exemplo da arquitectura colonial e imperial brasileira. As casas eran ananas, as cores das fachadas amosaban un balance equilibrado de tons azuis e brancos e as rúas eran simétricas. A vida transcorría entre o peirao e a estrada que fendía a illa pola costa oeste. Seguir lendo Ilhabela

A cara oculta de Pelé

3brasXerardo AgraFoxo. O autobús deixoume nunha estación pequena. Non sabía onde estaba e dirixinme a un empregado que, algo desconcertado polas miñas preguntas apresuradas, me explicou que chegara a Porto de Santos. Aínda que me dixo que alí non atoparía onde aloxarme, puxen a mochila nun ombreiro e camiñei decidido cara ao centro histórico. Pola súa faciana decadente e tendas cativas semellaba un barrio do centro d’A Habana. Seguir lendo A cara oculta de Pelé