Agustín Agra. A ficción é unha calidade humana. Para ben ou para mal, grazas a falsos relatos-mitos, relixións e ideoloxías de toda caste- cooperamos a grande escala e, xa que logo, prosperamos e colonizamos o planeta. Un dos termos de moda é, ademais de neoloxismo, un territorio ambiguo no que, apelando ás emocións, se menoscaba de forma deliberada a obxectividade. Seguir lendo Posverdade
Arquivo da categoría: Agustín Agra
Polbo salvaxe
Agustín Agra. Tiña fame e a pitanza amosábase apetecible. Primeiro papei un raxo, logo outro. Cando ía encetar o terceiro, tras mollar un anaco de pan no aceite con pemento e envialo acompañado dun grolo de Barrantes, entráronme os remorsos. Seguir lendo Polbo salvaxe
Modus operandi
Agustín Agra. Cartos. O mundo móveno os cartos. A rotación e a translación da Terra, os movementos todos dos astros do universo, pódense explicar botando man da lei da gravidade de Newton e –para quen posúa coñecementos máis avanzados de física– da relatividade xeral de Einstein. Porén, quen move o noso mundo é a economía. Seguir lendo Modus operandi
A lesma de Kerry
Agustín Agra. Afonso é o responsable. Foi el quen me puxo sobre a pista. Cando ma amentou, coidei que sería un bo título para un conto. A concisión e sonoridade da frase, A lesma de Kerry, sumadas á dose de intriga resultante da combinación das dúas palabras: a dun molusco que provoca repugnancia en moitos humanos Seguir lendo A lesma de Kerry