X. Ricardo Losada. Cando somos nenos ou adolescentes imos a poucos enterros, pero todos aos que asistimos teñen unha intensidade tráxica moi alta, xa que, por seren dun familiar moi próximo ou dun amigo da nosa idade, non podemos consolarnos dicindo Morreu no seu tempo ou Era o mellor que lle podía pasar. Porén, a medida que pasan os anos, aumenta o número de enterros aos que asistimos, pero a dor perde intensidade, agás en casos moi concretos, do mesmo xeito que perde temperatura un cuarto se abrimos as portas e as ventás. Seguir lendo Adicto á eternidade
Arquivo da categoría: X. Ricardo Losada
Frangullas de beleza eterna
X. Ricardo Losada. Mando todos os anos unha felicitación de ano novo. Escollo unha das fotos que teño no móbil, e engádolle coa aplicación Paint unha cita que me guste e un desexo relacionado con esa cita. Non tardo máis de dez minutos en completar toda a operación pois fágoa dunha forma espontánea e nada meditada, divertida para min Seguir lendo Frangullas de beleza eterna
Limiar Anuario de Estudos do Barbanza 2021
X. Ricardo Losada. Senteime na terraza da praza da Igrexa de Rianxo. Un mediodía triste e húmido de finais de outubro. Pedín un vermú. Mentres saboreaba os primeiros sorbos e unha deliciosa tapa de caldo, apoderouse de min unha estraña inquietude. Fora relaxarme e, porén, sentía unha crecente ansiedade. Seguir lendo Limiar Anuario de Estudos do Barbanza 2021
Pax romana en Bande
X. Ricardo Losada. O meu imaxinario sobre os romanos ten moito que ver tanto coas películas que vía no cine Rubén de Rianxo como co encontro e a procesión de venres santo aos que acudía de neno. Ningunha explicación académica posterior puido anular aquela impresión infantil. Seguir lendo Pax romana en Bande