Arquivo da categoría: Mariña Pérez Rei

Outono de descontento

outonoMariña Pérez Rei. Digo que podo baleirar o xardín de corolas e rosas que recendan a literario. Podo extraer a tinta máis mesta do ceo toldado cando o  primeiro temporal cruce a ría. Despois, escribir con ela palabras que recendan a unto e a suor. Tamén deshabitar certas urxencias que ten o corpo antes da desobediencia e da revolta, e establecer prioridades na boca do estómago; Seguir lendo Outono de descontento

Respiración mecánica e outras velocidades femininas, de Alm@ Pérez

respiracion_mecanica_cobertaMariña Pérez Rei. A velocidade cibernética, pero co tempo lento das froitas serodias, nace o libro de poemas da artista dixital Tina Escaja, ou do seu alter ego, Alm@ Pérez.  A autora, orixinaria de Zamora, reside nos EE UU onde exerce como  docente na Universidade de Vermont. O seu magnífico Respiración mecánica xa fora anteriormente publicado en forma de e-book en Badosa.  Preséntase agora como Respiración mecánica & VeloCity. Amósase nesta nova vertente coma un libro multilingüe resultado do esforzo común da súa autora (cuxo orixinal en castelán foi traducido en primeira instancia ao éuscaro pola poeta Itxaro Borda) e das autoras Maria Cinta Montagut e Mariña Pérez Rei, que o traducen respectivamente ao catalán e ao galego. Seguir lendo Respiración mecánica e outras velocidades femininas, de Alm@ Pérez

Nuovo Cinema Paradiso

nuovo cinenaMariña Pérez Rei. O plató é inmenso. Sen límites, para sermos exactos. Os actores e as actrices pisan o escenario nerviosos. Hai certa emoción nos tacóns novos sobre as táboas. Preparan o seu texto, melloran a dicción, ensaian poses para un posible primeiro plano. Elixen a mellor cámara para o seu perfil, o ton de voz máis axeitado ao seu papel. O elenco vai medrando a medida que avanza o día e se converte en espectáculo. Seguir lendo Nuovo Cinema Paradiso

Stasiuk. A outra Galitzia

cuentos galitziaMariña Pérez Rei. As fronteiras poden ser móbiles, mudables, intercambiables. A cultura e a súa pegada non, porque afonda. Galitzia é un territorio prendido dunha nube, semella levitar ao xeito de Castroforte del Baralla, vagar errante  a través do tempo coma Comala. Dacabalo entre Ucraína, Rusia e Polonia, Galitzia comparte con Galicia a proximidade toponímica, ese elo que nos rescata do esquecemento no aceno dun nome. Os romanos chamaron “galos” a todo o que non era coma eles. Pero máis alá da coincidencia dos nomes hai un pouso que nos arrastra a mergullarnos na  súa cultura. A nómina de escritores que pertenceron á zona xa é en por si sedutora: J. Roth, Celan, Morgenstern, Der Níster. Leo a Andrzej Stasiuk en Cuentos de Galitzia (Acantilado) e a Der Níster na épica novela La familia Mashber (Libros del Silencio). Seguir lendo Stasiuk. A outra Galitzia