Arquivo da categoría: Carlos Mosteiro

O corazón da maxia, de Xavier Estévez

o-corazon-da-maxiaCarlos Mosteiro. Unha das cousas que máis valoro nos libros que tratan dos sentimentos é a contención. E valóroa sobre todo porque non é fácil. Se un non dispón dun chip avisador ou un sentido do pudor innato, é moi fácil embalarse. O recurso lacrimóxeno é rendible, produce beneficios rápidos e a curto prazo. O problema é que, a miúdo, cando a nube emotiva é desprazada polo vento, debaixo non se ve nada ou moi pouca cousa. Por iso me gustou tanto este “Corazón da maxia”

Xavier Estévez  naceu en Bruxelas en 1969, e compaxina o seu traballo de mestre na cidade de Vigo coa radio, o teatro e a literatura. Ademais deste libro tamén ten publicado “A lenda do rei Lobo” e “A rapaza da fiestra”. Seguir lendo O corazón da maxia, de Xavier Estévez →

Un matrimonio provinciano, de Marquesa Colombi

provincianoCarlos Mosteiro. En realidade chamábase María Antonietta Torriani. Tomou o pseudónimo de Marquesa Colombi do frívolo personaxe homónimo de “La satira e Perini” (1853), comedia do dramaturgo Paolo Ferrari. Italo Calvino exhumou e rescatou do esquecemento a esta destacada escritora e incluíuna na colección de novela breve que publicou entre 1977 e 1985 na editorial torinesa Einaudi. Agora recupéraa en galego a compostelá Hugin e Munin, con tradución de Isabel Soto. Naceu en Novara en 1840. Orfa de pai, diplomouse como mestra. Con 25 anos marcha a vivir a Milán e empeza a colaborar en revistas. Seguir lendo Un matrimonio provinciano, de Marquesa Colombi →

Corrección vs. Literatura

literatura infantilCarlos Mosteiro. Confesarse autor de literatura infantil en principio debera ser irrelevante. Pero non o é. A literatura infantil  foi nas súas orixes auxiliar da pedagoxía. Durante moito tempo nin sequera se considerou “verdadeira” literatura e os seus autores raramente foron vistos como “verdadeiros” escritores, máis alá de declaracións paternalistas e condescendentes.  Só se lles pedía que fosen exemplares. Os nenos non precisaban de alimento literario posto que non tiñan, dicíase, criterio estético. En consecuencia a literatura infantil nace unida ao “xuízo adulto”, só declarado prexuízo nos últimos anos. Seguir lendo Corrección vs. Literatura →

La niña perdida, de Elena Ferrante

la niña perdidaCarlos Mosteiro. Seguramente empezar polo último tomo non é a mellor maneira de abordar unha tetraloxía. Pero sucedeu así. Merquei a novela sen me decatar de que era a última entrega dunha saga, unha historia coral e de longo percorrido que se desenvolve no sur de Italia. A autora, quizais prevendo a existencia de lectores despistados coma un servidor, tivo a consideración de xuntar un índice de personaxes que facilita moita a comprensión dunha historia que vén de lonxe. Elena Ferrante é unha misteriosa novelista italiana que, imitando a Salinger, non se deixa fotografar, e só concede entrevistas (contadas) vía correo electrónico, feito que un nunca sabe se achacar a unha falta absoluta de ego, ou a un ego exacerbado. Seguir lendo La niña perdida, de Elena Ferrante →