Arquivo da categoría: Eme Cartea

Fervenza de sensacións e emocións de Nina

978849151188Eme Cartea. Antonio Piñeiro, profesor, editor, gravador, multipremiado poeta e narrador, coñecido e recoñecido no mundiño das letras, foi o gañador do Premio Torrente Ballester 2017, coa obra A través do fume, que hoxe nos interpela da man da Ed. Galaxia. A protagonista, Nina, regresa a Santiago dende o aeroporto belga de Zaventem «asolagada nunha fervenza de sensacións e emocións» a través do fume dunha viaxe interior que é espacial e dobremente temporal: do presente ao pasado, pero tamén da nenez á adultez. Un carrapito dialóxico no que conflúe o que ve, oe, sente e lembra coas palabras de súa nai e as súas propias reflexións de agora e entón. Seguir lendo Fervenza de sensacións e emocións de Nina

Ciencia comunicable

9788416721382Eme Cartea. Kalandraka saca este magnífico libro, Viaxeiros, número 6 da colección Animais extraordinarios. Un álbum ilustrado saído das sabias mans de Xulio Gutiérrez, autor do texto, e de Nicolás Fernández, ilustrador, que repasa a vida de 12 animais salvaxes: hábitat, alimentación, reprodución, costumes, características… e migración.

Subliñamos o exquisito coidado no tratamento de texto, a ilustración, a impresión, o deseño da páxina e a edición. O mellor dos estímulos para a lectura como lecer emocional, formativo e intelectivo. Prodesse et delectare, como nos di o poeta latino Horacio. Seguir lendo Ciencia comunicable