Arquivo da categoría: J. Carou

La grande bellezza, de Paolo Sorrentino

La_gran_belleza-366210175-largeJ. Carou. Non deixa de ser unha tentativa estéril a consecución do sublime. Por inalcanzábel.  Aínda que ás veces suceda. Case sempre un azar. Discutíbel, sempre sometida a arte a preferencias, gustos e modas. Un escritor pode selo dun só libro. Dunha novela de xuventude oupada pola inusual conxunción de crítica e público á cima dunha promesa. Sempre o mellor aínda por vir. Narradores íntimos de aí en diante, privados. Habitantes de palabras pensadas, precisas. Individuos que demoran o seu xenio literario na efémera eternidade doutras vocacións menos vergoñentas. No seu caso, menos sinceras. Talentosos e capaces, atenazados pola esixencia e a preguiza. Polo desánimo dos días.  Da vida, sempre tan de mentira. Seguir lendo La grande bellezza, de Paolo Sorrentino

The broken circle breakdown (Alabama Monroe), de Felix Van Groeningen

Alabama_Monroe-251491699-largeJ. Carou. De igual maneira que o feito supraordinario do namoramento queda excluído do ámbito da racionalidade, así a perda dun fillo excede calquera posibilidade real  de rehabilitación emocional. O amor acostuma  ser materia predilecta de demolición divina. Toda morte dun ser querido un acto de humillación extremo do sentido da vida humana. E nada máis sagrado para uns pais que o porvir, en sentido literal, dos seus fillos. Infindamente máis ca calquera divindade probábel. A existencia non pode ser outra cousa que devezo por construír, que desexo de amar. Fóra disto non hai dignidade, só aparencia. Algúns universos zumegan desgraza, como o da parella de namorados protagonistas do filme. Seguir lendo The broken circle breakdown (Alabama Monroe), de Felix Van Groeningen