Arquivos da categoría María Xesús Blanco

Camiños diverxentes

20191202_184101María Xesús Blanco. Home en bicicleta tentando manter o equilibrio. Instantánea feita o día que non abriron o taller. A pose é natural. Con roupas de traballo e porte atlético. Os beizos parecen contraerse cun xesto que é retrato dun presente oclusivo. Incerto. Mais os ollos miran de fronte retando con vehemencia o futuro. Porque ao futuro hai que plantarlle cara para ganalo co tempo.

Arestora o estómago está baleiro e o sol do mediodía pésalle enriba das costas a Manuel. Pero el mantense ergueito enriba da sela. Temperado. E malia que o agora o importune con outro desafío. Continue reading Camiños diverxentes

A carta da memoria

pexels-photo-3018526María Xesús Blanco. E sei que son eu. Neste intre estou segura diso. Ai meu benquerido Andrés! Lembras aquel tren anello que colliamos acotío cando viviamos en Padrón? Como che gustaba percorrer todos os vagóns! E canto me preocupaba verte desaparecer! Aínda que me contaxiabas a túa ilusión na busca de piratas arrepiados e pillabáns debaixo dos asentos ancorados. E de vaqueiros e indios cabalgando á par da nosa ventá. Pois hai un tempo, meu fillo, a miña cabeza comezou a viaxar no tren da memoria, da túa e da miña, abrindo diferentes compartimentos. Como o da miña infancia, impregnado, no olor inesquecíbel, a pan acabado de facer no regazo do teu avó Manuel. Continue reading A carta da memoria

Unha cervexa na rúa Bracka

181503126María Xesús Blanco. Entrei no primeiro sitio que vin aberto. Malhumorada. Levaba roupa pouco axeitada para o ceo cincento e mudábel deses días. Ademais, despois doutra noite de insomnio, quedara durmida á mañanciña. E tiven que saír do hotel á lume de carozo. Non quería chegar tarde á cita co resto do grupo para a visita á Universidade da cidade. E de repente pilloume a tromba de auga na rúa Bracka. Era xullo pero o tempo estaba, a cada intre, máis desapracíbel. No café había pouca xente e sentín de contado ese acollemento confortábel, e ao mesmo tempo estraño, que ofrecen algúns espazos. Continue reading Unha cervexa na rúa Bracka