Jose Lires. Sorpréndeme a pouca curiosidade que suscita o coñecemento da fracción sólida da Terra tendo en conta a vital dependencia das substancias minerais cociñadas no seu interior. Seguir lendo Feldespatos, curmáns do cuarzo
Arquivo da categoría: Ciencia
O xílgaro de Durrell
Agustín Agra. Pouco antes de eu cumprir 12 anos, e ante o incipiente interese que amosaba polas aves, meu avó apareceu pola casa cun agasallo inesperado: unha gaiola, que mercara nun dos postos que os días de feira se establecían na rúa do Curro, cun xílgaro no interior. Porén, a meirande sorpresa foi a de descubrir que o paxaro portaba arredor dunha pata un anel metálico no que aparecía inscrito un código numérico e o enderezo dun zoolóxico da illa de Jersey. Seguir lendo O xílgaro de Durrell
H2…Oh!!! Pingas científicas
Pilar Sampedro. Unha obra de María Canosa con ilustracións de Luz Beloso, publicada por Galaxia. Un libro de divulgación científica, deses que tanto precisamos na escola e en galego, que se presenta con esta alegría: “Sabías que os cascos protectores inventáronos os paxaros?, ou por que hai espellismos? A que non te decataras de que hai animais que nunca beben auga?, ou, por que o número pi é infinito e non remata nunca? Neste libro has atopar unha morea de curiosidades científicas relacionadas co noso día a día, pero que teñen un funcionamento moi complexo”. Seguir lendo H2…Oh!!! Pingas científicas
A primeira vez
Agustín Agra. Hai corenta anos, dous rapazolos gabearon o muro da horta do Marqués carrexando cuns prismáticos e unha guía de aves. Aquel día observaron por primeira vez o ferreiriño rabilongo e a estreliña riscada, a papuxa das amoras e unha presada de inquedos picafollas. Xaora, á terceira ou cuarta intromisión na propiedade allea, descubríronos. Seguir lendo A primeira vez