Arquivo da categoría: Jose Lires

Pedra ou rocha…?

dinosauroJose Lires. Aceptamos “dinosauro” como mamífero bípede da nosa especie entrado en anos? Teño as miñas dúbidas. A raíz dunha achega anterior neste café, un admirado amigo, persoa docta e multifacética no eido da cultura, facíame unha crítica ben interesante. Parecíalle que os científicos –nalgún momento formei parte do gremio, polo que me sinto aludido- andabamos con andrómenas léxicas para definir acontecementos naturais. Seguir lendo Pedra ou rocha…?

De cando era dez anos máis novo: Historia dun aniversario

mujaJose Lires. Por fin chegou o día. Atrás quedaban décadas de intransixencia académica e incomprensión política. Anos de investigación, divulgación e procura da peza chave no quebracabezas do mundo xurásico. Era o día elixido polas autoridades para a gran inauguración, para poñer fin a toda esa incerteza que carrexabamos día a día ata acadar o cumio dos cantís no remate das xornadas de exploración. Seguir lendo De cando era dez anos máis novo: Historia dun aniversario

Terremotos, latexos do planeta

Unha falla NE-SO, que se pode ver dende A Curota, controla o leito do río Barbanza
Unha falla NE-SO, que se pode ver dende A Curota, controla o leito do río Barbanza

Jose Lires. Vivimos tempos convulsos no diario das nosas vidas e agora tamén nestas latitudes, como compoñentes dun sistema interconectado -na mellor onda Lovelock-. Gaia semella apuntarse á avoltura.

Os terremotos non se desencadean dun xeito azaroso. O brazo executor apunta en primeira instancia ás placas tectónicas e á súa ancestral teima de facer bailar os continentes -fillos emancipados da última Panxea- a un ritmo lento nunha danza repetitiva de encontros e desencontros. Seguir lendo Terremotos, latexos do planeta