Arquivo da categoría: Oliveira Casal

Atmosfera, fervenza

silent_running (2)Oliveira Casal. Na primeira regresión narrativa de Annie Hall, o neno Alvy Singer vai ao médico acompañado da súa nai. Está deprimido e, cando está deprimido, non fai os deberes. A causa: o universo expándese e acabará por estoupar. Iso será o final de todo, explica o cativo absolutamente desinteresado pola vida. A nai, xa ao límite da crise nerviosa, dille que o universo non é asunto seu, e que «Brooklyn está aquí e Brooklyn non se expande». A nivel rexional (ou debería dicir nacional?, terrícola en todo caso), as últimas predicións do astrofísico Stephen Hawking inclúen o temor crecente ante unha guerra nuclear global que facilmente remataría coa civilización sapiens sapiens. Seguir lendo Atmosfera, fervenza

Un mestizo na corte de Artur

excáliburOliveira Casal. Clase de Filosofía. Primeiro de Bacharelato. Antes ou despois era inevitábel que saíse. Excálibur acaba de ser sacrificado. Un can palleiro que a súa dona recollera na rúa había doce anos, abandonado. Salvárao do protocolo asasino que tería iniciado de avisar os municipais. Non hai posicionamentos intermedios. Semella unha severa confrontación política. Seguir lendo Un mestizo na corte de Artur