Arquivo da categoría: Miguel Mariño

De literatura australiana

las llanurasMiguel Mariño. Que sabemos da literatura australiana? Eu, ben pouco, se é que existe unha literatura australiana “per se”. Os que saben din que o illamento e o “rexionalismo” condicionaron a súa historia literaria, con magníficas descricións paisaxísticas, pero sen proxección internacional, a non ser nos autores que se integraron na literatura da metrópole, é dicir, Gran Bretaña. Na miña memoria aboian dous nomes: Patrick White, o premio Nobel, e o narrador Morris West, si, o autor d’As sandalias do pescador e d’O avogado do demo. Seguir lendo De literatura australiana

Parindo ras. Unha fábula amarga

la mandrágora 1Miguel Mariño. Foi Luís Pousa quen me puxo sobre a pegada do libro que vos recomendo, na súa sección “El rincón del sibarita” o 27 de marzo deste ano, sección que sempre descobre libros dignos de lerse, pero iso si, en castelán, orixinario ou en tradución. Son as cousas de <La Voz de Galicia> e o “bilingüismo harmónico”, forma fina de diglosia e discriminación. A obra é La Mandrágora (si, como a comedia de Maquiavelo), pero non é unha fábula “ad usum delphini” nin unha comedia. Ten a cerna amarga e a mensaxe ambigua, como non podía ser menos vindo de quen vén, Jean Lorrain (1855-1906), un dos deuses maiores do pavillón decadente de fins de século XIX. Seguir lendo Parindo ras. Unha fábula amarga

Clásicos en cómic

paraíso 1Miguel Mariño. Que sorte teñen os británicos! A sorte de que unha das artes da modernidade, o cómic, se interese polos seus clásicos. Clásicos que, se o son, poden con todo: adaptacións, novelas gráficas, cómic, cine… Con bos, mediocres e malos resultados, pero si, poden con todo; non son obxectos para a vitrina ou o escaparate, seguen a vivir, transfórmanse.

En 1996 o debuxante Martin Rowson publica en inglés o seu cómic sobre Sterne e o seu Tristram Shandy, que agora aparece en español, da man de Impedimenta (2014) cun gran tradutor, Juan Gabriel López Guix. Guix traduciu a Twain e a Wolfe, a Steiner e a Saki, a Carroll ou a Barnes. Seguir lendo Clásicos en cómic

O Kafka de 1913

fogoneroMiguel Mariño. Ten a editorial Nórdica, que tantos autores escandinavos de calidade tira do prelo, unha colección de clásicos ilustrados, de Fitzgerald a Poe, que inclúe O fogueiro, o pequeno libro que Kafka, que mandou destruír os seus manuscritos, editou voluntariamente en 1913 e que non está nos dous volumes que Galaxia editou en galego cos contos do autor de Praga. Trátase dunha parábola que ia ser o primeiro capítulo da novela inacabada O desaparecido. Parábola que a maioría dos críticos “len” como anticipo do Kafka posterior, aquel que amosa, cun humor angustiado, o ser humano en mans dun destino que non controla. Seguir lendo O Kafka de 1913