Arquivo da categoría: Cine

Narrativas erosionadas: Maurice Blanchot visto por Gary Hill

Thomas l’osbcure, de Maurice Blanchot.
Thomas l’osbcure, de Maurice Blanchot.

Alberte Pagán. Thomas o Obscuro (Maurice Blanchot, 1941) é umha novela ontológica sem argumento e sem personages, porque o Thomas do título nom existe ao tempo que é todos os homes e todas as criaturas, um ser proteico que pode cessar de ser humano para se converter em gato; e Anne é, pode ser, um desdobramento de Thomas que existe e nom existe, aranha e mulher, ela e a sua mai a um tempo. Anne aparece quando Thomas morre, quiçá el morre para que ela naza. Quando Thomas morre converte-se no cadáver de toda a humanidade. Nom som, ao tempo que existo, di Thomas. Penso, e portanto nom som. Thomas é um ser sem cabeça e sem braços e sem presença, cumha absoluta ausência de desejo. Seguir lendo Narrativas erosionadas: Maurice Blanchot visto por Gary Hill

Matangi/Maya/M.I.A., un documental sobre a tamil refuxiada en Londres

1545418115-460_1d35838a-mia-posterGonzalo Trasbach. Logo de varios anos protagonizando polémicas, M.I.A. xa non necesita os medios, pois ela é a narradora da súa propia historia. Desde que subiu por vez primeira a un escenario emprega os micrófonos para rapear e meterse en leas e provocar acedos comentarios dos seus inimigos. En 1975, o seu país de orixe estaba en guerra civil entre o goberno e a minoría étnica tamil, á que pertencía e pertence a súa familia. O seu pai, fundador da resistencia tamil, enviou a súa familia para Europa. Seguir lendo Matangi/Maya/M.I.A., un documental sobre a tamil refuxiada en Londres

Un fracaso chamado Roma

003_mIgnacio Castro Rey. Preséntase como unha “carta de amor ás mulleres que o criaron”. De xeito evidente, a toda sombra, a película de Alfonso Cuarón é demasiado ambiciosa para o que despois cumpre, case nada. De estar só creo que me largaría, pero como estaba con Eugenio Castro (por primeira vez no cinema), limiteime a miralo de esguello para tentar adiviñar se sentía o mesmo ca min… ou un servidor tiña unha mala tarde, que lle pasa a calquera. Seguir lendo Un fracaso chamado Roma

Vida independente. VIgalicia. Defiant Lives

poster-1Pilar Sampedro. Un café dá para moito. Unhas veces falamos de libros, de películas ou exposicións, de ciencias ou de letras, de arte ou filosofía … outras lemos algo que unha tertuliana escribiu desde a ficción, e outras comentamos algo que nos abre novas portas ao pensamento que late no día a día. Por iso, hoxe traio ao café un concepto, unha asociación, unha película que acabo de descubrir para que chegue a outros e outras que –coma min– non estaban ao tanto. Unha idea: a diversidade funcional. Porque non todas as persoas temos as mesmas capacidades, porque estas son diversas, porque isto non ten que significar unha etiqueta de deficiencia, discapacidade, minusvalía… Seguir lendo Vida independente. VIgalicia. Defiant Lives