Arquivo da categoría: Fidel Vidal

O señor Münster, de Alberto Savinio

savinioFidel Vidal. O señor Münster forma volume con outra novela que se impón no título, A nosa alma (Siruela, 1990) que vai sobre o mito de Eros e Psique seguindo os pasos de Apuleyo, e onde volve aparecer Nivasio Dolcemare. O texto acompáñase de tres sorprendentes litografías do propio autor, Alberto Savinio (1891-1952). Este singular escritor, do que aconsello a súa formidable Nova enciclopedia, é o pseudónimo de Andrea de Chirico, irmán do pintor Giorgio de Chirico. Foi amigo de Apollinaire e tivo contacto coas vangardas da época: Picabia, Cocteau, Max Jacob, Picasso. Malia nacer en Atenas, para Leonardo Sciascia é un dos mellores escritores italianos de século XX. Seguir lendo O señor Münster, de Alberto Savinio →

Un Coup de dés, de Mallarmé. Apuntamentos (e IX)

murillo-nic3b1os-jugando-a-los-dadosFidel Vidal. Unha práctica habitual dos que buscan, coa posibilidade dun engadido, dunha suma, a salvación, o acougo, tal como se fose un remedio ante a inquedanza que a presenza de tal número provoca. O que propón Mallarmé non é soamente un número (que exprese cantidade) senón o que o número significa como son, como voz, a cifra, a palabra tabú ou máxica que nos libra (aínda que na realidade non o consiga) do azar, é dicir, da desgraza, da posibilidade do infortunio (sempre ao axexo), como acontece nos obsesivos. O absurdo mundo pendente dunha absurda xogada. Seguir lendo Un Coup de dés, de Mallarmé. Apuntamentos (e IX) →

Un Coup de dés, de Mallarmé. Apuntamentos (VIII)

Fig. 1
Fig. 1

Fidel Vidal. Porque no manuscrito de Mallarmé, en cor azul está debuxado como se fose o signo infinito (∞) posto de pé, un 8, que se aparece tachado a conciencia mediante trazos de cor marrón. Reparar na reprodución facsímile (Fig.1). Un número embarrado que expresa non un signo numérico senón o número do suxeito, un significante que pon en risco ao mesmo suxeito. A cifra innominable que encerra o segredo, e que vai encriptar outros dous díxitos fundamentais: 7, 1. Casualmente, anotada cabo do díxito 8, á súa esquerda, na páxina 17 do manuscrito. Seguir lendo Un Coup de dés, de Mallarmé. Apuntamentos (VIII) →

Un Coup de dés, de Mallarmé. Apuntamentos (VII)

707Fidel Vidal. Sexa como for, poñamos que Quentin Meillasoux estea no certo, ou non, que (quizais) o número sexa o 7, o 707. Sumados 7+0+7 dá 14; 1+4 =5; 5-4-1=0. O cero inventouse na India, sifra, que significa baleira, e de aí o termo cifra. O cero (0) vén ser o significante do lugar baleiro, conxunto baleiro. Seguir lendo Un Coup de dés, de Mallarmé. Apuntamentos (VII) →