Arquivo da categoría: Domingo Regueira

Influencia artística

florencia-cupula-brunelleschi-010Domingo Regueira. Eles, poetas, pintores e escultores, foron os que a través da historia máis contribuíron ácreación do mundo espiritual, inventando imaxes, doutrinas, lendas, fábulas, oráculos, teofanías … Eles modelaron escenarios, santuarios e deuses, engadindo cantos e músicas que colmaron de fantasía as puerís mentes plebeas mostrándolles anxos voadores, apóstolos de a cabalo, ou espaventos e manes que saían aos camiños. Seguir lendo Influencia artística

O espanta Orcos

John-Howe-Uruk-HaiDomingo Regueira. O orco de Virxilio nada tiña que ver co noso; só hai unha lixeira afinidade ao situalo no fondo dos océanos.        Contan uns palmeiráns que, somerxidos nunha campá das plataformas do Mar do Norte, o viron baixar.

       Procedía da rexión dos hiperbóreos e, cando chegaba á ría, emerxía na praia do  Baluarte onde unha eufórica comitiva canina o recibía. Seguir lendo O espanta Orcos

Encarnación e reencarnación (Choncha e rechoncha)

1490298145_103231_1492098792_noticia_normalDomingo Regueira. “O corpo existe tan só para que o Espírito se manifeste”. Isto escribíao un señor do século XIX.

A metempsicose é unha doutrina segundo a cal as almas, despois da morte, transmigran a novos corpos para correren unha nova aventura.

Hai almas de artistas, funcionarios, mercenarios, exotéricos e esotéricos; estes últimos —segundo contan—, dispoñen de singulares enerxías que lles permiten relacionarse coas deidades, viaxar ao astral e leren nos “Arquivos Akáshicos” canto lles peta. Son os que máis saben destas cousas; pero só llelo contan aos iniciados. Seguir lendo Encarnación e reencarnación (Choncha e rechoncha)