Arquivo da categoría: Pilar Sampedro

Exposicións no Barbanza, Anselmo Lamela e os seus arcanos da imaxinación

ALPilar Sampedro. O surrealismo vénlle de lonxe a Anselmo Lamela. Anda nel desde os anos setenta do século pasado cando formaba parte do FOGA (Fato de Ounirismo Galego), un movemen-to medio anarco que andaba por Compostela e movéndose por Galicia especialmente  polo Salnés. Méndez, Kukas, Silva, Leiro, Seara… formaban parte deste grupo que realizou varias exposicións e performances naqueles tempos. Seguir lendo Exposicións no Barbanza, Anselmo Lamela e os seus arcanos da imaxinación →

Exposicións no Barbanza, Jorge Agra, herdeiro do pop art

JorgeAgraPilar Sampedro. Jorge Agra é fillo da chamada arte pop ou popular, daquela que nace dun mundo pragado de marcas nos produtos, en vallas e carteis, na publicidade e na propaganda, nos mass media e o deseño, nos ídolos mediáticos, na moda; en fin, nese entramado que forma a sociedade de consumo. Unha iconografía recoñecida por todos e todas nós que nos leva aos sesenta cando se comezou a traballar e nos trae ata a actualidade. Unha arte que ten, entre nós, as fontes no Equipo Crónica e, a nivel internacional, en artistas como Andy Warhol e os seus personaxes famosos que equiparaba a latas de sopa ou as derivacións do cómic de Lichtenstein. Seguir lendo Exposicións no Barbanza, Jorge Agra, herdeiro do pop art →

“Prendinlle na cabeza do meu fillo, unha estreliña forxada na irmandá” (II)

Homenaxe a Isaac Díaz Pardo.IIPilar Sampedro. Boisaca, lugar de triste lembranza, porque nos seus paredóns foron fusilados republicanos e galeguistas nos días da furia fascista, acolle na despedida do Nadal, cun acto de xustiza, que ano a ano pretende facer de contrapeso a tanto mal que se lle fixo a quen máis merecía o respecto de todos e todas. Malos tempos foron aqueles dos finais de Díaz Pardo cando foi traizoado por compañeiros e traballadores, cando ata foi expulsado do IGI que era a súa casa, unhas celas austeras –como todo o seu– no que traballaba sen descanso, onde o deixaron sen poder de decisión para pasárllelo a uns empresarios que só buscan o beneficio Seguir lendo “Prendinlle na cabeza do meu fillo, unha estreliña forxada na irmandá” (II) →

Unha estreliña forxada na irmandá (I)

Imaxe para café barbantia. IPilar Sampedro. “Prendinlle na cabeza do meu fillo, unha estreliña forxada na irmandá e quero ver brilar a lus d´esa estreliña hasta chegar cegar. Que vexan os demais n´esa estreliña a lus da libertá, que vexan que o tesouro máis querido o ten o seu brilar. Estreliña feituca de cariños, estrela do meu lar, que sempre te levei como reliquia de Terra, Dios e Nai, xa te deixo prendida no meu fillo por sempre endexamais”. Seguir lendo Unha estreliña forxada na irmandá (I) →