Arquivo da categoría: Marina Losada

Ela

Imagen-niño-cuadro-1-846x580-610x420Marina Losada Vicente. María foi “ela”, para seu irmán. Durante a infancia e tamén na puberdade o nome propio borrouse na cabeza de quen lle levaba só un ano. María era “ela” e a ninguén lle ocupou tempo pensar en como se sentía. Ignora se lle dixeron algo ao neno que negaba a realidade co xesto infantil de borrar o nome. María era “ela” e aquel seu irmán era o seu faro. Seguir lendo Ela →

Ao mar fun por laranxas…

NARANJASMarina Losada Vicente. Na casa en que limpa regaláronlle un abrigo rosa fucsia, alegre porque si, cuns bonitos botóns e un gracioso colo volto, apenas usado. Ela mirouse no espello e pensou que tan feliz ía a sentirse o neto ao vela tan guapa. Nunca llo dixo, pero Elena sentía que tiña vergoña dela. Levaba anos sen mercar unha peza de roupa. Nin lle acordaba. A desgana de tanto desgusto levara polo váter abaixo doce quilos de muller rumbosa. Seguir lendo Ao mar fun por laranxas… →

En prácticas

practicasMarina Losada Vicente. Érgome. Os pés buscan ás apalpadas as zapatillas. Da mesma maneira, achégome á persiana. Súboa. Abro a ventá e entra o aire fresco. Xa eu ben sabía que ía frío. Á esquerda da ventá, onde a deixei onte, a bata. Póñoa. Polo corredor, a man na parede confirma o camiño da cociña. Porta. Despensa, vaso, billa de auga. Caixón. Caixa das pílulas. Trago unha. Pouso o vaso no vertedoiro. A orde facilita cada movemento. Seguir lendo En prácticas →