Moisés Suárez. Durante toda a miña vida aquel retrato formou parte da sobria decoración do noso comedor provinciano. Conviviu coa miña infancia e a miña xuventude naquel piso que compartiamos maiormente miña nai e mais eu. Lola, a irmá pequena, pasaba a maior parte do ano en Asturias naquel internado e a presencia de papá na casa era testemuñal. Seguir lendo As tías de Londres
Arquivo da categoría: Moisés Suárez
Os nosos
Moisés Suárez. Rosa está encantada de poder volver andar espida por toda a casa. Sempre lle gustou ese costume. Pero nos últimos seis anos, con papá vivindo con nós non podía facelo. Eu insistía en que non se cortase. Para entón meu pai xa non se decataba de nada e para el ver o corpo espido de Rosa había de ser coma ver un moble ou unha persoa das que saía na televisión e coas que teimaba en entaboar conversa. De feito, cando se decataba da presencia da muller na casa adoitaba preguntar: ¿E esa quen é? Eu dicíalle “é Rosa papá, a miña muller” e el continuaba “Pero, ¿non é túa nai logo?” e remataba “Entón non é dos nosos”. Seguir lendo Os nosos