Arquivo da categoría: Natividad Rey

O bautismo prenatal

c4eac9a8a799c6054d4936bc87fee88dNatividad Rey. Aurora era unha muller que desexaba ser nai e, tras sufrir tres abortos espontáneos, decidiu realizar o rito do bautismo prenatal estando embarazada por cuarta vez. Entón un día, un pouco antes da medianoite, acercouse á ponte das Partidas acompañada por dous familiares e tres amigos. Levaron comida en abundancia e todo o necesario para celebraren un bautizo cristián. Cando chegaron os seus acompañantes facían de gardas da ponte e permaneceron nas entradas impedindo que ninguén a cruzase e, ela camiñou soa cunha corda longa e un caldeiro, en silencio, e detívose na metade dela para agardar alí a chegada do padriño Seguir lendo O bautismo prenatal

A Compaña

OLYMPUS DIGITAL CAMERANatividad Rey. Teño metido no corpo o frío daquela noite, ou máis ben, a xeada fría como a morte. Si, era unha sensación do outro mundo; viña do Alén.  Aterrecedora. que me fixo conxelar as costas ata deixarme petrificado. Aquel día ía camiñando pola incerta verea vella cando a noite comezaba a caer. O sosego veu a min cando cheguei á encrucillada dos tres camiños e vin o fachuco que alumeaba a entrada á aldea, e do outro lado estaba o cruceiro gravado na rocha. Sentín a necesidade de esvarar os meus dedos polos trazos que formaban a cruz, ese símbolo que se fixo para protexernos de inmensa  desventura que tiñamos. Seguir lendo A Compaña

Roque

OLYMPUS DIGITAL CAMERANatividad ReyAlbino dedicábase á fotografía, capturaba momentos únicos polas aldeas do concello de Rianxo na metade do século pasado. Un día foi ata á aldea de Abuín —na véspera de San Xoán— e viu dous rapaces que buscaban plantas milagreiras para poñeren en auga ao resío da máxica noite. A recolleita das plantas e flores aromáticas era do máis habitual; pero quedou impresionado ao ver un corvo que traía na man o rapaz. A ave estaba domesticada e saltáballe dende o ombreiro ata a man do seu amo sen escapar. Cando un veciño comezou a tocar o acordeón, o corvo berraba ao son da música e sacudía as ás. Parecía contento como se quixese bailar. Albino preguntoulle ao rapaz como fixera para desbravar esa ave, e díxolle: «chámase Roque e collino cando aínda estaba no niño no Agro do Pardo. Seguir lendo Roque