Gonzalo Trasbach. Nun artigo no que me preguntaba se os matemáticos eran “xente rara”, prometín que algún día volvería retomar a cuestión de Grigory Perelman, a conxectura de Poincaré e o millón de dólares da medalla Fields. Agora, cando se cumpren dez anos da celebración do 25º Congreso Internacional de Matemáticos, que tivo lugar en Madrid o 22 de agosto do 2006, paréceme unha data ideal para facelo. Ao encontro da capital do Estado acudiron case catro mil matemáticos de 120 países. Os acontecementos do verán contribuíron a incrementar a expectación. Seguir lendo Perelman, Poincaré e o millón de dólares (I)
Arquivo da categoría: Ciencia
Pulvis es

Xulio Gutiérrez. Cando o mércores de cinza se proclama «pulvis es et in pulverem reverteris» (Xénese 3,19) acértase de cheo porque ese é o destino final de todo ser orgánico ou inorgánico. Todo, ata a montaña máis alta e fachendosa, acaba convertido en minúsculos graos de sedimento pola acción, ao longo dos eóns, do vento, da auga e da gravidade. Seguir lendo Pulvis es
A grande expansión
Agustín Agra. Podería dicir que non sei por que o fixen; engadir que tampouco recordo por que pasei a chave do cadeado da bicicleta por riba da pintura do seu coche, por que lle pinchei unha roda -a que me deu tempo antes de aparecer a conserxe-. Podería dicilo, pero sei que mentiría. Un ser anónimo; un dos que entran nunha vida e logo desaparecen sen deixar nin unha lene pegada no coiro. Non recordo del, se digo a verdade, nin a súa fasquía. A súa non fora máis ca unha explicación rutineira do big bang, a grande explosión que se produciu no principio do tempo, á que puxo data enchendo de ceros o encerado. Seguir lendo A grande expansión
Tres paisaxes na area

Pedro García Vidal. No azul das augas e no verde continental predominantes, as areas tapizan en tonalidades douradas fondos e bordos litorais das nosas rías. Esas formas amarelas proclaman a diferenza. Seguramente nesa particularidade reside o seu poder de atracción. As areas certifican a transformación da materia: de magma incandescente primixenio a sólidas formacións rochosas Seguir lendo Tres paisaxes na area