Arquivo da categoría: Elisa Lobeira

Ver unha muller

Ver-a-una-mujerElisa Lobeira. Ese é o título, posto na nosa lingua, dunha novela curta de Annemarie Schwarzenbach (1908-1942), escritora suíza de lingua alemá. A tradución é de Mª Esperanza Romero e a edición de Alexis Schwarzenbach. A editorial, Minúscula, onde tamén están en catálogo Muerte en Persia e Todos los caminos están abiertos. 

Nacida en familia de grandes empresarios suízos, íntima de Klaus e Erika Mann, residiu en Berlín de 1931 a 1933, onde se opuxo ao nazismo. Doutora en historia e arqueóloga, gran viaxeira por Asia, África, América e Europa, morfinómana, con tendencias suicidas, morreu nun accidente de bicicleta en Sils. Seguir lendo Ver unha muller

Fantasmas liberados

atravesar

Elisa Lobeira. Quen coñeza o labor intelectual de Callón sabe que foi presidente da Mesa pola Normalización Lingüística e un firme defensor do galego e dos seus dereitos, ademais de sociolingüista, autor de obras propias dun activista: Como defenderes os teus dereitos lingüísticos (2011) e Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez (2012), pero tamén autor de ensaios sobre Lorenzo Varela e gañador do Premio Vicente Risco con Amigos e sodomitas. Seguir lendo Fantasmas liberados

Carta sobre Charlotte Perkins Gilman

el papel pintadoElisa Lobeira. Amiga, agora que estás a mergullarte en tantas lecturas “femininas” co abraio de quen albisca un mundo novo, un mundo no que as mulleres tamén xogan grazas ás “feministas”, e antes de que vaias chegando a moitas clásicas, quero facerche unha recomendación, un descubrimento que eu fixen serodiamente. Estou a falar de O papel pintado amarelo de Charlotte Perkins Gilman (1860-1935), que agora edita José J. Olañeta na súa colección Centellas. Penso que circula tamén en galego. De base autobiográfica, este relato publicado en 1892, non sen dificultades, é unha magnífica historia, boa literatura, de gran penetración psicolóxica, unha historia de loucura e submisión. Seguir lendo Carta sobre Charlotte Perkins Gilman

O lusco-fusco do Pingüín

el-claroscuro-del-pingc3bcinoElisa Lobeira. Explícase a poesía? Ilumínase, ou vívese como querían os surrealistas? Remato unha antoloxía de Mary Jo Bang (1946), unha das máis interesantes voces poéticas (por non dicir nin poeta nin poetisa) dos EEUU, unha escolma que abrangue máis de quince anos da súa traxectoria, en tradución ao castelán de Patricio Gringerb e Anibal Cristebo, e cun limiar, intelixente, de Luna Miguel. Versos brancos, pero versos con maxia, sen a autora, pois a autora é unha metáfora, unha personaxe á que dá vida, unha vida de palabras. Unha narradora que é unha actriz para a que se escriben guións. Guións que foron de ton alto, “culto”, enfático de “Elexía”, escura, para unha poesía máis anovadora, de futuro, de fito que anuncia novas voces. Seguir lendo O lusco-fusco do Pingüín