O veo dos recordos

mans1Patricia Torrado Queiruga. Todas as mañás, ao espertar, óllaa durmir coa tenrura acugulada de tantos anos. Érguese e, unha vez aseado, vai á horta coller un mando de laranxas para prepararlle un zume exquisito, tórralle unhas rebandas de pan e pon a facerse o café, que inunda co seu recendo toda a casa. Espértaa cun bico agarimoso na meixela, non se vaia asustar; chámaa polo seu nome, e agarda a súa reacción para saber cales serán os pasos a seguir durante a xornada. Seguir lendo O veo dos recordos →

O Portus Apostoli de Noia

Naves con mercadorías do mar do Norte e do Mediterráneo traían tamén peregrinos
Naves con mercadorías do mar do Norte e do Mediterráneo traían tamén peregrinos

Xerardo AgraFoxo. O ano 1122 o papa Calixto II concedeulle a graza do Ano Santo á igrexa xacobea. Catro anos despois celebrouse o primeiro Ano Santo Compostelán. Despois destas dúas datas, numerosos peregrinos europeos camiñaron dende o Portus Apostoli de Noia ata o Locus Sancti. Varios documentos demostran esta realidade histórica.  Seguir lendo O Portus Apostoli de Noia →

Culote non vén de cu

CULOTEX. Ricardo Losada. Por problemas no xeonllo, comprei unha bici de spinning. Púxena no salón, e dispúxenme a estreala cunha ilusión de xoguete novo que durou pouco. A pesar do deseño aerodinámico, e dos meus esforzos por buscar un ángulo analxésico nas nádegas, non había forma. O sillín cravábaseme no cu provocándome unha dor moi forte. Custoume o indicible aguantar dez minutos. Así que, tras consultar cos expertos, comprei un culote, un deses pantalóns de ciclista reforzado na zona cero da evacuación traseira. Seguir lendo Culote non vén de cu →