Fidel Vidal. Poucas semanas despois do suicidio da súa nai por sobredose de narcóticos en 1972, Peter Handke escribiu un texto con este radical e sorprendente título: Desgraza impeorable. O porvir que a morte nos ofrece –di Levinas-, o porvir do acontecemento, aínda non é o tempo. Xa que logo trátase dun futuro para ninguén, un futuro que non pode asumir o home. Entre o presente e a morte media un abismo, unha marxe ao mesmo tempo infinito e insignificante.
“Aquel que non soubo o que é a duración non viviu.” É a proposta a un convite por unha nova vida. (P. Handke). Ocorre a duración/ cando no cativo,/ que xa non é un neno/ -xa talvez un ancián,-/ reencontre os ollos do neno. Seguir lendo Poema á duración, de Peter Handke (II)


