Pilar Sampedro. Sucede, ás veces, onde menos o esperas, aparece unha achega interesante. Ler A síndrome de Bergerac. Unha comedia heroica levoume a pensar nesas experiencias teatrais que teñen lugar nas escolas, tanto en primaria como en secundaria. Prácticas teatrais que escritores tan recoñecidos como Fina Casalderrey (Recursos teatrais para a expresión dramática na escola) ou Xosé Agrelo (O xogo dramático (de, con, por, para nenos)) puxeron por escrito, para axudar os compañeiros e compañeiras a traballar co texto dramático e levalo á escena. Pensaba nos esforzos por levar o teatro ás aulas e a representación das obras ao contexto social que rodea o centro educativo. Seguir lendo Unha novela xuvenil que nos abre as portas ao teatro
Arquivo da categoría: Teatro
Outra volta ao Hamlet
Román Arén. Francisco A. Vidal é coñecido, sobre todo, como narrador, xornalista e etnógrafo, mais tamén cultiva o teatro, xénero no que publicou A serea (2006). Vén agora de gañar o III Premio Laudamuco, con A vinganza do señor Fortimbrás, e une o seu nome a Xavier Lama e Raúl Dans, anteriores ganadores. A partir dunha lenda nórdica, Vidal dálle unha reviravolta a un mito, Hamlet, é dicir, a Shakespeare e ao noso Cunqueiro. O xurado sinalou que a relectura de Vidal dá o protagonismo aos personaxes secundarios, o que enriquece a lenda. Vinganza, sexo e poder son as forzas principais da acción. A trama amosa un Elsinor que vai camiño da destrución do reino e que esa caída non vén polas armas senón polas artimañas que empregan o medo Seguir lendo Outra volta ao Hamlet
Barbanza e Gala do libro
Pilar Sampedro. Este ano, a Gala do Libro pasou a chamarse Premio Follas Novas e o nome semella ben acaído: Follas Novas, obras novas, libros publicados no 2020.
Quince modalidades que nunca son suficientes, pero que se van ampliando conforme pasan os anos e se vai vendo a necesidade de diferenciar determinados xéneros, neste caso foron as seguintes: Seguir lendo Barbanza e Gala do libro
Andrés Martínez García, unha vida no teatro
Pastor Rodríguez. Rianxo é vila de teatro e, entre os que entregaron a súa vida á arte de Talía, non debe esquecerse a figura de Andrés Martínez García, “Pancho”, nacido nesa vila en 1957, e que faleceu en 2010. Actor, director teatral, dramaturgo, vencellado ao grupo Xeito, dirixiu pezas como Sinfarainín contra don Perfeuto de Bernardino Graña en 1980, ou A fiestra valdeira de Rafael Dieste en 1982, e outras moitas. Como actor representou autores como Eduardo Blanco Amor, Manuel Varela Buxán, Rafael Dieste ou Bernardiño Graña. En 1978 levou á escena unha obra da súa autoría: As Américas dun labrego. Xa no ano 2008 publicou en Edicións d’O Castro (Sada) o libro Sempre en Rianxo. O soño do barbeiro. Seguir lendo Andrés Martínez García, unha vida no teatro