Arquivo da categoría: Gonzalo Trasbach

Ao fío do mañá, de Doug Liman

al_filo_del_manana-cartel-5562Gonzalo Trasbach. Confeso que entrei no cine coa mosca trala orella. Pero tamén saín bastante contento. Non vira unha xoia cinematográfica. Pero si unha cinta moi entretida. Así me resultou Ao fío do mañá, un filme cuxa trama me lembrou a Código fonte (2011), o traballo no que Duncan Jones usaba con gran pericia a peripecia dun heroe atónito enfrontado á necesidade de morrer unha e outra vez para abortar un atentado nun tren.

O filme do que falamos arestora xoga cunha tese semellante. O noso (anti)heroe esperta a véspera do día D nun campamento militar. Pasa a noite en capela antes da batalla, á que é botado literalmente, e que os aliados perden. Seguir lendo Ao fío do mañá, de Doug Liman

O fondo no espello, segundo Ignacio Castro

ignacio castro la depresiónGonzalo Trasbach. Ignacio Castro Rey é filósofo, crítico de arte, da cultura e das institucións políticas. Ocasionalmente exerce tamén de xestor cultural. Ademais de múltiples artigos e conferencias, publicou diversos libros. O último deles, Sociedade e barbarie (Barcelona, 2012), unha crítica da regresión implícita no pensamento de Marx. Anteriormente publicou, entre outros, Votos de riqueza (Madrid, 2007), Roxe de Sebes (Fundación Luís Seoane, A Coruña, 2011) e A depresión informativa do suxeito (Bos Aires, 2011). Desenvolve o seu labor filosófico nunha soa variante con dúas caras. Dun lado, no bordo do que poderíamos considerar a tolerancia ilustrada, unha afirmación metafísica da inmediata vida mortal, sen posíbel representación histórica. Seguir lendo O fondo no espello, segundo Ignacio Castro

Today is the Bloom’s day

JAMES JOYCE.qxdGonzalo Trasbach. Young life is breathed / On the glass; / The world that was not / Comes to pass (Ecce Puer, de Pomes Penyeach)

Hoxe é o día de Bloom, un dos personaxes centrais do Ulises. Así pois, cúmprense 110 anos dunha xornada, 16 de xuño do 1904, na que transcorre a trama dunha novela onde se recolle o vagar de Leopold e Stephen por rúas, prazas, tabernas e outros lugares de Dublín ata que se atopan contra a noitiña. Polo tanto, é este un bo motivo para volver a nosa mirada cara a un dos cumios literarios do século pasado: James Joyce. Seguir lendo Today is the Bloom’s day

Amor, beleza e sedución no “Banquete” de Platón

agonía de erosGonzalo Trasbach. Nos últimos días, da man de Byung-Chul Han, o filósofo coreano afincado en Berlín, volvín a mirada cara a Platón. O sobado mito da caverna e o mangoneado Banquete ficaron enriba da miña mesa. Hoxe quero falar da segunda obra. Na Agonía de Eros, Han cita un libro de Marsilio Ficino, De amore. Comentario al Banquete de Platón (Tecnos), onde este describe o “ollo erotizado” que, a semellanza dos “dentes erotizados” do xabarín que matou o belo mozo Adonis (Fedro de Platón), está dominado por unha paixón mortal (páxina 31). Seguir lendo Amor, beleza e sedución no “Banquete” de Platón