Arquivo da categoría: Xerardo AgraFoxo

El hijo del chófer, de Jordi Amat

portada_el-hijo-del-chofer_jordi-amat_202009031817Xerardo AgraFoxo. Máis que unha investigación histórica ou un documento sobre a realidade política e cultural catalá, este libro de Jordi Amat (Barcelona, 1978) semella una novela de terror. Nas súas apertadas páxinas cóntase a vida de Alfons Quintá, fillo do chofer que durante anos levaba ao escritor Josep Pla nas súas viaxes por Cataluña e Francia, onde se entrevistada con diversos personaxes que fuxiran do franquismo, coma o ex presidente Josep Tarradellas. Malia estas amizades, o devandito personaxe tratou de chantaxear ao mesmo Pla cunha carta que lle remitira cando tan só era un adolescente. A través dunha sinxela exposición dos acontecementos, Amat retrata en El hijo del chófer (2020) un insólito personaxe dos medios de comunicación. Seguir lendo El hijo del chófer, de Jordi Amat

A favela carioca de Vitigal

7bXerardo AgraFoxo. Lera que a praia de Ipanema era máis cosmopolita e sofisticada, pero eu vina máis tranquila. O ambiente parecía familiar e as terrazas máis cativas que as de Copacabana. Dende a Punta do Arpeador, no extremo sur, ata o barrio de Leblón, un abeiro tradicional e apracible, sucedíanse hoteis e restaurantes. Dende ese lugar de encontro da mocidade carioca, recoñecido polos seus magníficos solpores Seguir lendo A favela carioca de Vitigal

Angra dos Reis

6bXerardo AgraFoxo. Cando divisei o centro histórico, detrás do cal se adiviñaban uns curutos habitados, entrei na Oficina de información e turismo. Ao cruzar o seu limiar vin un cartel que me deixou abraiado. Con letras amarelas, sobre un fondo negro escuro, reflectíase unha explícita mensaxe: “Ajude o 33º BPM a combater o crime em Angra dos Reis. Denuncie. Criminosos. Escondedeiros. Seguir lendo Angra dos Reis