El hijo del chófer, de Jordi Amat

portada_el-hijo-del-chofer_jordi-amat_202009031817Xerardo AgraFoxo. Máis que unha investigación histórica ou un documento sobre a realidade política e cultural catalá, este libro de Jordi Amat (Barcelona, 1978) semella una novela de terror. Nas súas apertadas páxinas cóntase a vida de Alfons Quintá, fillo do chofer que durante anos levaba ao escritor Josep Pla nas súas viaxes por Cataluña e Francia, onde se entrevistada con diversos personaxes que fuxiran do franquismo, coma o ex presidente Josep Tarradellas. Malia estas amizades, o devandito personaxe tratou de chantaxear ao mesmo Pla cunha carta que lle remitira cando tan só era un adolescente. A través dunha sinxela exposición dos acontecementos, Amat retrata en El hijo del chófer (2020) un insólito personaxe dos medios de comunicación. Un home que destapou o escándalo da Banca Catalana, foi o primeiro delegado de El Pais en Barcelona e tamén o primeiro director da televisión autonómica catalá, para logo denunciar sen rubor os recortes en sanidade e a deriva autoritaria do procés. Neste libro coñecemos un personaxe cruel, cínico e amargo. E un marido tan resentido que matou dun disparo a súa parella para suicidarse a continuación coa mesma escopeta de caza. Sen dúbida, estamos diante dun retrato abraiante sobre o poder.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *