Costumes de alcoba

vinilo-de-mujer-cantandoMarina Losada Vicente. Na Cuba todo era diferente, aínda que algunhas cousas, sobre todo os xogos de alcoba, eran como en calquera outro sitio. Certo que para unha nena de doce anos, que acaba de desembarcar nunha mansión enorme, desde un Rianxo que non sabe situar no mapa, todo era estraño.

A primeira encomenda do día era facer o cuarto da ama, en canto esta se pechaba no baño. Chamáballe moito a atención os diferentes estados de humor cos que se levantaba. Tanto se erguía anunciando males que non entendía, naquel idioma que Marcela apenas falaba, que se parecía ao da súa escola, pero non tanto, como amañecía rosmando polo baixiño. Diferentes eran aquelas mañás, pouco frecuentes, nas que a ama lle regalaba fermosas cancións, que animaban á moza ao baile.

Tardou tempo en atar cabos. Fixeron falta moitas preguntas para dentro e unha soa para fóra, que non tivo resposta, xa que Marcela quixo saber por que cando atopaba as bragas da ama no cesto da roupa sucia, tamén atopaba os calzóns do amo revoltos entre a roupa da cama. Así caeu na conta de que, mira ti que cousas, eran os días nos que a señora se erguía cantando.

5 comentarios en “Costumes de alcoba

  1. Marina:
    ¡Lo que nos faltaba! Encima pasar fame.
    Ellos nunca, ¿verdad? Claro, porque a la hora de…, a algunos cualquiera les sirve.
    ¿Sabes que te digo…? Ni en mis años de máxima “testosterona”, aunque es más baja que en el hombre…, jamás me metería en la cama con alguien que no amase Y aún ahora, con mis años, por mucha hambre que tuviese, no lo haría. ¡Solo faltaría!, ainda que admiradores non me faltan, a estas alturas dos meu anos. Me da la risa, pero es la verdad.
    Me haces reír con tus historias. Y nunca como ahora, tuve tanta necesidad de sonreírle a la vida. Gracias.
    Un beso.

  2. ¡Qué risa Marina!
    ¡Probe rapaza! Al final cayó de la burra, cuando se dio cuenta de que los cambios de humor de la señora, procedían del cestón de la ropa sucia cuando encontró el calzón del señor, mezclado con la braga de la señora.
    Pues que apure porque la hormona de la oxitocina, dura pocos años. Y con el exceso de uso, después viene el “desuso”.
    Como siempre, un gusto leerte.
    Un beso.

    1. Non é tan grave caer no “desuso” para quen non gozou do “uso”. Certo que quen tivo a parella apropiada… A señora do relato non sei o que pensará desto, que o sexo sexa pouco frecuente non quere dicir que sexa de mala calidade e ela parece que o disfrutaba con rabia. Sendo así, o “desuso” debe levarsa mal. Bicos, Naty.

  3. Querida Marina:

    Como dicía Hipócrates, “O home é o que come”. Esa muller necesitaba unha dosis de oxitocina, que disque é a hormona que estimula a necesidade de ser tocada e así dese xeito non despertaría con esas terribles resacas coma as do mar Cantábrico.

    Xa me fixeches rir que é moi importante nestes días.

    Unha agradecida aperta.

    1. Na miña infancia a mellor comida era para o pai en particular e para os homes en xeral, polo que me atrevería a defender que, durante tempo, as mulleres foron o que “deixaron de comer”… en todos os sentidos, mesmo no sentido da frase de Hipócrates. No “menú de alcoba”, de forma moi concreta, a muller, na maioría dos casos, estaba abocada a pasar fame. Bicos, Magdalena.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *