Arquivo da categoría: Viaxes

Orgósolo, un abeiro de Arte e Creatividade

orgoXerardo AgraFoxo. As terras montesías do interior, onde se acubillan as historias e os misterios dun pobo milenario, semellan un calco da «España vacía». A carón de menhires antropomorfos e «nuragas» habitados até o século X a. C., existen castelos fortificados, coma o de Burgos onde comezou a conquista catalá da illa Seguir lendo Orgósolo, un abeiro de Arte e Creatividade

Castelsardo, un miradoiro sobre unha chaira azul cobalto

castelXerardo AgraFoxo. Cunha extensión semellante á de Galicia, pero cun millón de habitantes menos, esta gran illa do Mediterráneo veu como chegaban, polos tres mares que a cinguen, pobos de raíces diversas, como os fenicios, romanos, aragoneses e  xenoveses. E, finalmente, os que a incorporaron ao Reino de Italia no ano 1861. Seguir lendo Castelsardo, un miradoiro sobre unha chaira azul cobalto

Un mundo sin orillas, de Hèléne Gaudy

portada_un-mundo-sin-orillas_helene-gaudy_202012281837Xerardo AgraFoxo. Por estas páxinas pasan Shackelton, Admusen e Nansen, os míticos viaxeiros que se atreveron a loitar contra o xeo cando os Polos eran mundos descoñecidos. Tamén pasan por estas páxinas outros aventureiros que deixaron a vida no seu intento de descubrir “mundos descoñecidos”. Pero os verdadeiros protagonistas desta abraiante historia son Salomon August Andrée, Knut Fraenkel e Nils Strindberg que no ano 1897 emprenderon unha expedición para acadar o Polo Norte nun globo aerostático. Durante tres décadas, malia a teima de Anna Charlier, a noiva de Nils, nada se soubo destes tres intrépidos noruegueses. Pero no ano 1930 de xeito milagroso atopáronse, non só os restos dos expedicionarios e o seu diario de a bordo Seguir lendo Un mundo sin orillas, de Hèléne Gaudy