Castelsardo, un miradoiro sobre unha chaira azul cobalto

castelXerardo AgraFoxo. Cunha extensión semellante á de Galicia, pero cun millón de habitantes menos, esta gran illa do Mediterráneo veu como chegaban, polos tres mares que a cinguen, pobos de raíces diversas, como os fenicios, romanos, aragoneses e  xenoveses. E, finalmente, os que a incorporaron ao Reino de Italia no ano 1861. Diferentes culturas que deixaron unha forte pegada nun territorio onde as «nuragas», construcións monumentais da Idade Bronce, viven a carón de cidades erguidas polos romanos, igrexas de tradición medieval adobiadas con fermosa pinturas e cidades empoleiradas nos outeiros que semellan fortalezas árabes.

Entres estas destaca Castelsardo, erguida encol dunha rocha volcánica e fundada pola familia Doria de Xénova, que conservaron o  nome de Castelgenovese até que novos conquistadores de raíz catalá o trocaron por Castelaragonese, que prevaleceu até o actual bautizado no 1776. A vila, dominada por un castelo de rexos cantís, que acolle un museo dedicado á cestería, é un enxame de calellas nas que conviven as tendas de artesanía e os restaurantes locais. No seu peirao pode contemplarse como as artes de pesca do atún en pequenas lanchas deixaron paso a grandes pesqueiros de altura e embarcacións deportivas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *