Agustín Agra. Este día asistín na compaña dun amigo naturalista a unha xornada na illa de Cortegada. O encontro, organizado polo Padroado do Parque Nacional das Illas Atlánticas, estaba dedicado ao recoñecemento das aves polo canto. Alexandre, o técnico que impartía a sesión práctica, non deixou de abraiarnos cos seus coñecementos Seguir lendo Decibelios
Arquivo da categoría: Agustín Agra
Paraíso
Agustín Agra. Eu, que descoñezo tantas cousas deste e doutros mundos e descreo de outras tantas, acredito na efémera existencia dos pequenos paraísos. Alguén a quen aprecio, fantasía con que este fique onde a casa dos avós e que, por forza, a lingua do paraíso ha de ser a que falan os seus pais. Na súa procura, teima en atopalo sempre entre dous ríos: entre o Eufrates e o Tigris, na linde metafórica dos desertos; no universo acuático da Amazonia ou no ensanguentado do Congo e o Zambeze; ao que nunca se retorna, entre o Ganxes e o Iamuna, ou o da eterna mutación entre as tres gorxas do Yan-Tze e o río das Pérolas. Seguir lendo Paraíso
Quedou falado
Agustín Agra. ─Quedou falado, dixo Pepe, que ata o de entón, e contradicindo o seu costume, acalara toda a noite a súa verba incandescente. Quedou falado, foron as súas únicas dúas palabras, e a longa conversa rematou. Nada máis se dixo. Quedamos enmudecidos, co silencio enseñorado da mesa. As palabras ficaron presas, fosilizadas, á espera de que as fáciles sentenzas que pronunciaramos puidesen demostrar a súa veracidade. Seguir lendo Quedou falado
Pescadora
Agustín Agra. Manolo dáme conta puntual da súa chegada. Xa está aquí, dime cada ano; vina neste sitio ou naquel outro. Dese xeito, faime partícipe cada temporada da súa presenza nalgún lugar da beiramar ou no foz dun dos nosos ríos. Este día decidinme a acompañalo nunha saída e constatar por min mesmo o avistamento. Seguir lendo Pescadora