Arquivo da categoría: Eme Cartea

Yolanda Carbajales. Gravadora. Á procura da luz

As Letras da Arte. Puntos de encontroEme Cartea. O Museo do Gravado de Artes acolle a proposta expositiva da recoñecida gravadora, nada en Venezuela pero viguesade adopción, profesión e corazón, Yolanda Carbajales, e que certeiramente titula Á procura da luz. Unha denominación que provén do uso da súa especial técnica, isto é, o gravado á maneira negra, á media tinta ou ao fume, inventada polo alemán Von Siegen no s. XVII Seguir lendo Yolanda Carbajales. Gravadora. Á procura da luz

A + A, de Ricardo de Barreiro

O Andel. ImaxeEme Cartea. Os amores son ou non son… amestrados! Velaí. E logo, se a resposta é si, podemos vestir os soños de bolboretas de papel a toda cor interpretadas a catro mans e cun único bater de ás.

A + A, “unha viaxe aero-náutica a través da tinta e da palabra”. Pero tamén das linguas varias e dos pentagramas, sonoros, calados, por terra, aire e mar. Un mar autodidacta e atormentado que busca a “illa descoñecida” onde repousar, non vogar contra vento e marea. Seguir lendo A + A, de Ricardo de Barreiro

Teatro nos límites do poema

9788491510741Eme Cartea. Na butaca, a máis recente obra de Esther F. Carrodeguas, polifacética rianxeira que deambula entre as letras, o audiovisual, o teatro e o activismo cultural. Un libro arraiano onde o código se mantén baixo sospeita. Formalmente, poema gráfico (tipográfico) máis ca visual -caligrama-. Pero, tamén, teatro poético ou poesía dramática intercalada de pausas, silencios e imaxes onde o escatolóxico e o xogo atrapan o espectador nesa conciencia feminina e dorida que esquece. Na orixe, Unha tirada de dados…, de Mallarmé, que inaugura a espacialización do texto, a páxina como espazo plástico, a iconicidade da escritura, ou o contraste das tipografías. Seguir lendo Teatro nos límites do poema